Compostela, 20 de abril de 2020. Galicia en Común-Anova Mareas insta a Alberto Núñez Feijóo a rectificar de inmediato a súa política de vivenda logo de que a conselleira, Ángeles Vázquez, manifestase por escrito nunha carta ao Ministerio que prohibir os desafuizamentos “arrefría o mercado inmobiliario” no canto de protexer o dereito dos galegos e galeas a unha vivenda digna en plena pandemia do Covid-19.
“Urximos a comparencia da conselleira de Vivenda ante a Deputación Permanente do Parlamento galego por dúas cuestións: saber por que a Xunta non está a exercer as súas competencias nesta materia e, en segundo lugar, pedir a rectificación inmediata da señora Ángeles Vázquez que nunha carta ao ministro Ábalos se lamentaba porque as medidas de escudo social implementadas polo Goberno do Estado prexudicaban ao mercado inmobiliario e aos grandes propietarios”, manifestou hoxe o voceiro da coalición, Antón Gómez Reino.
“A señora conselleira de Vivenda debe rectificar”, incidiu Gómez Reino. “O fundamental agora é estar do lado das familias que teñen dificultades para pagar o alugueiros e as hipotecas”, manifestaba o voceiro de GeCAM, quen lembrou que nesa liña vai a batería de medidas proposta desde a coalición na que, entre outras cuestións, se pedía bonos de alugueiro para familias sen recursos, exonerar o pago nas vivendas de protección social ate xuño.
Gómez Reino, en rolda de prensa telemática este luns desde a sede da coalición, facía balance das demandas que Galicia en Común-Anova Mareas lle trasladaba onte a tarde ao presidente galego, logo de varias semanas adiando a convocatoria coas forzas da oposición.
“Finalmente, onte sí tivemos esa xuntanza logo de 17 horas de comparecencias de Feijoo na RTVG e so 42 minutos para dar a cara no Parlamento e de varias semanas sen convocarnos tal e como estaba acordado”, manifestaba Gómez Reino. Desde GeC-AM entendemos que esta xuntanza é imprescindible para fixar unha posición de país, consensuada, e que debera ter carácter semanal e previa a videoconferencia de presidentes autonómicos.
O voceiro tamén instaba hoxe a Feijóo a garantir que todos os profesionais sanitarios na primeira liña na batalla contra o Covid-19 non van a rematar os seus contratos o 30 de abril e demandaba, unha vez mais, “claridade absoluta” ao respecto da nova data na que se teñen que celebrar as oposicións. “A Xunta debe convocar unha mesa, fixar un novo calendario e garantir as prazas”, dixo.
Gómez Reino referíase a limitación de prezos activada polo Estado para limitar “a hiperinflación” de productos como mascarillas e xeles desinfectantes, ademais de instar a Xunta a actuar no marco das súas compentencias, como xa están a facer outras autonomías, para impulsar os mercados de proximidade, coas medidas de protección e distancia social pertinentes.
Por último, o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas amosaba a súa preocupación pola situación nas residencias de maiores, lembrando que a coalición ven pedindo a súa intervención desde o 24 de marzo e facía fincapé nun dato “esclarecedor”, revelado onte na prensa: “so unha das vitimas mortais da pandemia en Galicia era usuario dun centro público”.
“Isto nos sitúa no debate que terá que darse sobre o cambio de modelo nos coidados aos nosos maiores no que o público ten e debe sair reforzado”, rematou.