
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Santiago de Compostela, 22 de Abril 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, arrancou a intervención no Parlamento denunciando a falta de respecto do presidente da Xunta coa sede da soberanía nacional, onde se nega a comparecer substituíndo o control da Cámara por comparecencias na televisión pública, mentres usa o rodillo do PP para amordazar ao Parlamento.
“Non se pode gobernar Galiza desde a pantalla da TVG, este país non pode ter un telepresidente que imparte homilías desde a televisión pública pero se nega a dar explicacións na Cámara”, denunciou Pontón, que acusa ao presidente da Xunta de “aproveitar a crise de xeito partidista”.
Desde a declaración do estado de alarma o 14M, “o telepresidente Feixóo compareceu 19 veces na TVG e só unha no Parlamento”, lembrou ao tempo que citaba ao xefe de filas do PP, Pablo Casado: “no réximes bananeiros estílase a propaganda pública en televisión para culto do líder, pero nas democracias parlamentarias as mensaxes á nación diríxense desde o Congreso”. “Segundo Casado, Feixóo actúa como se estivese nun réxime bananeiro, e Galiza merece un presidente que actúe como nunha democracia máis avanzada”, alegou.
Nese sentido, o BNG pide que o presidente da Xunta compareza no Parlamento unha vez a semana mentres dure a crise “para recoller as ideas, as propostas e tamén as críticas construtivas dos partidos políticos. Para coller a man tendida do BNG desde o primeiro día desta pandemia, para sumar, para colaborar, para remar na mesma dirección co obxectivo de saír canto antes desta crise”, recalcou.
Pontón lamentou a falta de autocrítica do Goberno na xestión sanitaria da pandemia, en particular nas residencias da terceira idade. “Non hai motivo para o triunfalismo nunha pandemia que deixa xa 470 persoas falecidas e que tamén deixou ao descuberto as consecuencias dos recortes e das privatización da sanidade pública á hora de xestionar unha crise sanitaria”, indicou. Ademais, faltou previsión e anticipación pese a que o coronavirus chegou aquí máis tarde, un tempo “moi valioso” que a Xunta estragou con decisión erráticas e mesmo equivocadas, como a de non blindar Galiza.
No ámbito sanitario, o Bloque volveu pedir un protocolo propio para a utilización das máscaras, “a Xunta non pode poñerse de perfil”, e reclamou a súa distribución gratuíta entre a poboación porque así o recomenda a OMS. E puxo o foco en dous aspectos: a situación da Atención Primaria e as residencias de maiores.
No primeiro caso para advertir que, tras a década de recortes do PP, a atención primaria está hoxe “no chasis” e, polo tanto, urxe un plan extraordinario de reforzo da porta de entrada ao sistema público de saúde, sobre todo agora que se anuncia que a atención primaria vai ter un papel de primeira liña na loita contra o coronavirus.
Neste sentido, propuxo un Plan de reforzo da atención primaria dotado cun mínimo de 200 millóns de euros que permita dotar aos centros de saúde do persoal e dos medios suficientes. “A atención primaria vai ter unha sobrecarga e unha complexidade na asistencia que precisa de persoal e medios, deben abrirse todos os centros salvo casos excepcionais e o persoal da AP non pode utilizarse para prestar atención hospitalaria”, explicou, “ao que se suma o feito de que estes centros teñen que seguir dando resposta asistencial ordinaria ás persoas usuarias”.
Precariedade laboral tamén con pandemia
A líder nacionalista denunciou a precariedade laboral que soporta o persoal sanitario, en todos os niveis asistenciais, e foi moi crítica co Goberno galego que, mesmo no medio dunha pandemia, está facendo contratos por días e por semanas e despedindo a persoal que está combatendo o virus se resulta contaxiado. “O aplauso desde os balcóns si, pero o mellor aplauso e recoñecemento os traballadores e traballadoras da sanidade pública é defender os seus dereitos con contratacións estables”, recalcou.
En relación ás residencias, o Bloque volveu reclamar a intervención pública de todos os centros nos que se atende ás persoas maiores, que viviron situacións dramáticas durante a pandemia por falta de anticipación e de previsión pese a tratarse dun colectivo especialmente vulnerable. Coa residencia de Celanova como zona cero dos contaxios, “unha residencia na que aínda hoxe segue con problemas”, Pontón demanda da Xunta o traslado de todas as persoas residentes afectadas polo coronavirus a un centro hospitalario, porque non hai nada que impida esta posibilidade “e porque é nun hospital e non nunha residencia onde poden recibir a mellor asistencia sanitaria posible”.
“Que fallou para que non se puidese atender como é debido o problema sanitario xurdido nas residencias? Non houbo previsión pese a ser obvio que ían necesitar medidas excepcionais, non se interviron todas as residencias, non se realizaron test masivos aos usuarios e ao persoal, non se lles deu de medios suficientes a tempo. Cuestións que ten que contestar”, interpelou Pontón na comparecencia do conselleiro de Sanidade. E, desde logo, conclúe, “agrupar en dúas residencias centros ás persoas afectadas non foi a mellor opción, e deben ser trasladados a centros hospitalarios”.
Pontón utilizou a réplica para insistir na distribución gratuíta das máscaras entre a poboación, para pedirlle a Feixóo que pacte coas forzas galegas unha desescalada específica para Galiza e volveu a ofrecer a colaboración do BNG ante unha crise sen precedentes no sanitario, o económico e no social.




















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



