Santiago de Compostela, a 24 de abril de 2020.- A enésima desfeita da industria madeireira cebouse desta volta cun dos símbolos arqueolóxicos máis coñecidos de Galiza: o Castro de Baroña. Desta volta os danos consisten na alteración de parte do camiño de acceso ao castro, pola circulación de maquinaria pesada que remexeu o substrato e posiblemente tamén afectou ao enlousado natural. Dáse a ircunstancia que o Castro de Baroña é un BIC (Ben de Interese Cultural) que xunto coa súa contorna gozan do máis alto grao de protección atendendo á Lei 5/2016 do Patrimonio. A maiores, esta área forma tamén parte da Rede Natura 2000 (ZEC Complexo Húmido de Corrubedo), polo que tamén goza de protección ambiental.
Práctica indefensión do patrimonio cultural fronte ao eucalipto e a industria forestal
Nos últimos anos, ADEGA e colectivos de defensa do patrimonio histórico e arqueolóxico como MariñaPatrimonio vimos denunciando danos, mesmo por veces irreparábeis, en castros, mámoas, petróglifos, minas romanas, camiños hstóricos, etc. provocados polas actividades (plantacións, cortas, pistas de acceso e movementos de terras…) da industria madeireira e forestal.
Das ducias de denuncias presentadas só unhas poucas deron lugar a expedientes sancionadores incoados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xa que logo, a mensaxe que a Xunta traslada aos infratores é de práctica impunidade: as institucións encarregadas de tutelar a nosa herdanza cultural e histórica fan deixadez das súas funcións e deléganas en madeiristas e plantadores de eucaliptos.
Ti vai facendo: A Xunta dá máis facilidades á industria para arramplar co noso patrimonio
A situación do patrimonio histórico e arqueolóxico pode aínda ir a pior. A principios de abril a Xunta aprobou unha Orde conxunta das consellarías de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas, pola que se eliminaba a necesidade de solicitar permisos de corta en determinados espazos protexidos, como a Rede Natura, zonas de policía de cauces e estradas e outras áreas de dominio público. Deste xeito os madeiristas tan só terán que achegar unha “declaración responsábel” para realizar as súas actividades, comprometéndose a cumprir unha serie de condicións e a verificar (eles mesmos) que operan fóra das áreas de exlusión (ZEPAs, Parques Naturais, hábitats dunares, etc.), para o que a Xunta ofrece un xeovisor de consulta. É outro exemplo máis do “ti vai facendo”, só que a administración renuncia ás ferramentas (avaliación previa e autorización explícita) para comprobar o que se realmente se fai.
Polo que atinxe aos terreos con algunha protección ao abeiro da Lei 5/2018 do Patrimonio, non fica claro se esta Orde permite as cortas só con declaración responsábel. Sobre este particular, ADEGA solicitou información á Consellaría de Cultura, xa que a Orde de talas non é clara. Entendemos que ao non referirse explicitamente aos elementos do Patrimonio Cultural, nen establecer condicións propias como acontece con vías, augas e espazos naturais protexidos, debería seguir sendo esixíbel a autorización preceitiva da D. X. de Patrimonio. Dende ADEGA entendemos que con esta Orde a Xunta delega efectivamente a tutela sobre os bens de dominio público na cidadanía, responsabilizándoa do seu coidado cando se practiquen traballos forestais. Tamén, que a Xunta renuncia a controlar o posíbel impacto destas actividades en espazos sensíbeis, facendo deixadez da súa función inspectora e descargando toda a responsabilidade nos usuarios/as.
Trátase doutra onda expansiva da coñecida como Lei de Depredación, norma que visaba “remover atrancos adminsitrativos” pola vía de facer desaparecer a administración e entregar o territorio a eólicas, mineiras e pasteiras.
























Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.



