Lugo, 25 de abril de 2020. Os usuarios e traballadores do Centro de Atención a Maiores de Trabada celebraron este sábado o primeiro aniversario da apertura desta residencia da Deputación de Lugo. Ao longo de toda a xornada desenvolvéronse diferentes actividades e recibiron mensaxes de parabéns pola data e de ánimo para estes días de confinamento, como a do Presidente, José Tomé Roca.
O mandatario provincial felicitounos por este ano que acaban de cumprir no seu novo fogar. “Hoxe gustaríame pasar este día con vós, ao voso lado, falando e conversando xuntos como fixemos xa nalgunha ocasión antes de que chegara a crise do coronavirus”, explicou.
Tomé destacou ademais a boa nova de que os test de detección do Covid-19 a usuarios e traballadores, tanto na propia residencia de Trabada, como tamén na de Ribadeo, fosen todos negativos: “estádelo facendo moi ben, é unha moi boa nova, pero isto non nos pode permitir baixar a garda, senón que ten que servir para coller máis folgos e forza para seguir sendo disciplinados e cumprindo cos protocolos como ata o de agora. Os resultados que vimos de recibir, todos negativos, son froito do rigoroso traballo que se está a levar a cabo nos centros de atención a maiores dende finais de febreiro, extremando as precaucións e medidas de seguridade”.
Tomé Roca recoñeceu o traballo de todas as persoas que prestan atención no centro de maiores de Trabada e nas outras tres residencias de titularidade provincial: “Grazas polo voso labor, a vosa entrega e a calidade das atencións que lle dades aos nosos maiores. Estades coidando a quen nos coidou a nós, e estádelo facendo con toda a vosa profesionalidade e todo o voso agarimo, e iso é o noso maior orgullo”.
As 26 persoas que residen no Centro de Atención a Maiores de Trabada recibiron tamén mensaxes da Alcaldesa da localidade, Mayra García, dos traballadores dende as súas casas e, entre outras, da cantante Pili Pampín, que lles dedicou unha canción. Pola mañá, desenvolveuse a actividade Pegadas no Camiño, na que os residentes imprimiron unhas ilustracións con forma de pisada nas que escribiron os seus nomes e os nomes de todas as persoas coas que conviviron ao longo destes 365 días. Máis tarde, xogaron a un bingo deseñado polo persoal do centro, no que se repartiron agasallos para todos.
Este sábado serviuse un menú especial, composto por un cocido completo e flan caseiro de sobremesa. Xa pola tarde, o cadro de persoal ao completo acudiu ao centro para acompañar aos residentes nunha merenda na que non faltou a torta, o brinde con sidra sen alcohol e o tradicional canto de aniversario.
“Esta pequena festa fai que este día sexa especial, diferente aos outros, e provoca moita alegría para os nosos maiores, que nestes momentos non reciben as visitas das súas familias, pero están recibindo os mellores coidados e sempre están acompañados”, subliña José Tomé.
Balance positivo
O Presidente, José Tomé, fixo un balance positivo deste primeiro ano de funcionamento do Centro de Atención a Maiores de Trabada. “Vemos as persoas contentas, ben atendidas e que conviven coma se fosen unha familia, algúns xa eran veciños e outros ven dende a fiestra da súa habitación o lugar no que viviron toda a vida”, explica Tomé.
O modelo de residencias da Deputación de Lugo “no que cremos é precisamente o resultado que observamos no caso de Trabada, persoas que seguen preto dos seus familiares, dos veciños e amigos, mantendo o arraigo á súa terra, nun centro público no que reciben unha atención próxima e de calidade”. O Presidente engade que estas características dos centros provinciais “repercuten no seu benestar físico, pero tamén no benestar emocional”.
A Deputación de Lugo, coa súa rede de centros de maiores situados nos concellos de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo facilita que “cada persoa poda permanecer no lugar no que fixo a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas e ser atendido por persoal que na súa maioría é da súa zona e mesmo coñecen”, asegurou.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



