Lugo, a 2 de maio de 2020. A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo telemática coa deputada no Parlamento de Galicia, a vilalbesa Sandra Vázquez, na que analizaron o acordo asinado en días pasados polas ministras de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sobre o peche das centrais térmicas.
As dúas representantes do PP trasladaron así a súa preocupación porque, lonxe de que esta medida supoña unha solución para a fábrica das Pontes, aínda empeora máis a súa situación. “A crise do coronavirus está a ser a escusa perfecta do Goberno para acabar pechando As Pontes e seguir destruíndo emprego na Terra Chá”. Elena Candia fixo esta valoración porque son moitos os transportistas da comarca chairega que pertencen á central pontesa e que, por tanto, a súa economía depende da supervivencia da mesma.
“Reprobamos a xestión do Partido Socialista que, lonxe de buscar solucións para frear o importantísimo impacto económico que xera o Covid-19, continúa poñéndose de perfil para buscar unha solución que permita manter o emprego. Levamos meses pedindo medidas para que se manteña a central das Pontes e a planta de Alcoa, en San Cibrao; pero o único que obtivemos, polo momento, foi unha absoluta insensibilidade do Goberno”, destacaron.
Dende o Partido Popular da provincia, que dirixe Candia, manifestan así, que “non nos moverán da nosa posición”, anticipando que seguirán presionando para que se reactive a central de Meirama, mentres se buscan combustibles alternativos e que se lle apliquen beneficios fiscais para mellorar a súa competitividade.
A este respecto, a deputada autonómica criticou que “é lamentable que a ministra de Traballo sexa galega e, por tanto, perfectamente coñecedora do que está a pasar tanto nas Pontes como na Mariña, con Alcoa, e que, sen embargo, non exerza o seu peso político para instar ao ministerio ou ministerios competentes a garantir a produción e o emprego destas fábricas; senón que participa da sinatura dun acordo que en nada beneficia ás térmicas”.
“Yolanda Díaz sabe tanto coma nós do que estamos a falar. Pedímoslle que faga valer a súa responsabilidade e garantir un futuro a todas as familias que, a día de hoxe, ven con moita incerteza e preocupación a irresponsabilidade do Goberno, e que pode desembocar nun final moi traumático para todas elas”, destaca Sandra Vázquez.
E é que para Candia e Vázquez non se entende como Díaz “se puido prestar a algo así”. “Dicímolo con total humildade, pero coa importancia que isto ten porque malamente pode explicar os motivos polos que o fixo, dados os graves prexuízos que supón para a central e os empregos que dependen dela


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



