Viveiro, 2 de maio de 2020. O Concello de Viveiro instalou uns carteis na Ponte da Misericordia recomendando aos veciños e veciñas que camiñen pola beirarrúa da súa dereita, co fin de establecer unha orde de circulación peonil que permita utilizar cada unha das beirarrúas nun único sentido e, deste xeito, garantir o cumprimento da distancia social de seguridade.
Dende o concello adoptouse esta medida tendo en conta a estreitez destas beirarrúas e que a Ponte da Misericordia é unha das zonas máis concorridas. No momento de establecer esta medida, o goberno municipal tamén estivo valorando outras zonas, como é o caso da ponte de Feve, que tamén é moi estreita, ou a ponte da Variante.
Finalmente, nestes puntos non se colocaron vallas establecendo unha orde de circulación peonil tendo en conta que non había unha alternativa segura. Para aplicalo na ponte de Feve habería que cruzar no paso de cebra do paseo marítimo e, ao tratarse dunha distancia longa, había o risco de que a xente cruzase de forma indebida pola estrada, nunha rotonda bastante complicada; no caso da Variante, que tamén é estreita, tampouco había alternativa.
En todo caso, en Viveiro hai paseos e zonas amplas polas que poder pasear seguindo as indicacións das autoridades sanitarias para manter a distancia social de seguridade; dende o concello solicítase a todos os veciños e veciñas que se teñan en conta estas recomendacións e agradécese a súa colaboración.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



