Burela, 4 de maio de 2020. O Concello concederá axudas directas ao comercio, á hostalería e aos autónomos para tentar paliar os efectos negativos ocasionados pola crise sanitaria do coronavirus. Así o anunciou o alcalde, Alfredo Llano, tras a xuntanza mantida hoxe con representantes da Acia local. E subliñou que o Concello facilitará a instalación de terrazas para que os locais hostaleiros poidan ir iniciando a súa actividade pouco a pouco.
O rexedor contou que “hoxe tivemos outra reunión con representantes da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela. Levamos xa unha tempada en contacto con eles porque pensamos que é moi positivo que o Concello estea en todos os ámbitos importantes para o desenvolvemento integral de Burela e tamén das preocupacións derivadas da pandemia do virus”.
Para Alfredo Llano “a reunión de hoxe penso que foi interesante e nela comenteilles que derivado do aforro que tivemos o ano pasado respecto ao orzamento temos unha liquidación positiva de aproximadamente 400.000 euros, que é a cantidade que vamos incluír nos orzamentos deste ano para poder facer fronte á problemática derivada do coronavirus. É unha cantidade significativa, que vai abarcar axudas directas aos comercios, á hostalería, aos autónomos,… pero tamén é unha axuda que vai ser destinada, de acordo coas necesidades, a emerxencias sociais, á infancia e a familias que precisen que lles botemos unha man. Penso que é unha cantidade significativa, aparte doutra que xa está contemplada no orzamento e que se sumaría a esta. Por tanto estes 400.000 euros esperemos que cheguen e sobren para atender todas as necesidades derivadas da problemática ocasionada pola pandemia do coronavirus”.
O alcalde anunciou que “quedamos cos representantes da ACIA en elaborar unhas bases para que todos os establecementos presenten unha solicitude das necesidades que poidan ter ou daquelas cuestións que consideren e nosoutros darémoslles unha axuda directa aos que o xustifiquen para atender as súas necesidades máis inmediatas. Eu creo que é unha boa noticia porque desa maneira trataremos de adaptarnos ás necesidades que cada un dos autónomos, das empresas ou da hostalería, sexa cal sexa a rama, que soliciten para o que consideren máis necesario: impostos, taxas, etcétera. Será unha axuda directa para atender polo menos aquelas necesidades máis urxentes e que prefiran”.
O rexedor burelés subliñou que “por outro lado, trataremos de facer en conxunto entre o Concello e a ACIA unha promoción para defender a Burela como un destino ideal para vir ao comercio, aos restaurantes, aos bares, … Queremos facer unha boa promoción en conxunto para poñer a Burela no mapa e beneficiar ao conxunto dos veciños e en particular ao que deriva do comercio, do turismo e de todo aquilo que sexa positivo social e economicamente para o noso concello”.
Na xuntanza de hoxe Concello e Hacia abordaron tamén outras cuestións: “vamos tratar de ter unhas máquinas que empregan o ozono como elemento base para desinfectar locais. Queremos mercar as que sexan mellores para que garantan que van desinfectar perfectamente os establecementos. Ademais vamos axudarlles con material desinfectante e algunha outra cousa que necesiten. Estamos aí con eles estudando as necesidades e a cantidade que precisan”.
Llano dixo que “estas reunións están sendo interesantes e positivas e o Concello, dentro das nosas posibilidades, trataremos de axudar a este colectivo e tamén ás familias que o necesiten, derivado desta pandemia preocupante que a ver se podemos ir saíndo dela o antes posible. Vamos seguir coas reunións e o próximo luns imos ter a seguinte, na que xa especificaremos moito máis como facer para que a xente reciba as axudas”.
As terrazas da hostalería estiveron presentes no encontro de hoxe: “en canto ás terrazas da hostalería, pensamos que os establecementos necesitan ir abrindo paulatinamente e ademais é bo que se vexa no pobo que xa hai actividade hostaleira, entón vamos facilitar moitísimo as solicitudes que fagan os hostaleiros para colocar terrazas. Imos intentar axilizar e favorecer para que sexa así. Evidentemente ten que haber uns protocolos porque se trata tamén de ter controlada a epidemia, pero desde o Concello vamos facilitar a instalación das terrazas”.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



