Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía ata o 15 de xuño o prazo que teñen os agricultores e gandeiros galegos para solicitar as axudas da PAC. A orde modifica a emitida o pasado 12 de febreiro co obxectivo de dar resposta ás restricións levadas a cabo por mor do coronavirus, que impediron que moitos interesados se puidesen achegar aos bancos ou ás entidades de aconsellamento que colaboran coa administración para a tramitación destas achegas.
Deste xeito, a orde establece que as solicitudes únicas destas axudas se poderán presentar de xeito telemático ata o 15 de xuño. Mentres, finalizará o día 30 do mes que vén tanto o prazo de modificación das solicitudes únicas como o prazo de presentación das solicitudes de alegación do SIXPAC e das comunicacións da cesión de dereitos de pagamento básico.
Cabe lembrar que o orzamento previsto para esta convocatoria se eleva aos 216 millóns de euros, dos cales 170 millóns corresponden aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e ás axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, as coñecidas como axudas da PAC. Os outros máis de 46 millóns de euros irán dirixidos ás medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).
Prevese que uns 27.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria e que son de gran interese para o sector primario. Grazas a estas axudas conséguense reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencia os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
A Consellería do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, como son as entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e as entidades de aconsellamento.
O enlace á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200505/AnuncioG0426-040520-0001_gl.html




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



