Xa están colocadas mamparas de metracrilato nalgunhas das oficinas con atención ao público do concello, estanse instalando nas demais oficinas con atención ao público, realizando as medicións oportunas para a prepararación e instalación deste tipo de elementos nos demais centros de traballo, como no caso da Biblioteca Municipal, Conservatorio ou Centro de Servizos Sociais. Con estas medidas, o Concello prepara as súas instalacións para que a reincorporación presencial ao traballo se poida realizar con todas as garantías e seguridade, tanto para os propios traballadores como para os veciños e veciñas que acudan aos mesmos.
