Cervo, 8 de maio de 2020. O Concello de Cervo iniciou no día de hoxe unha serie de videochamadas para informar a todas as persoas autónomas que xestionan negocios no municipio sobre as medidas que se tomaron ata o momento a nivel municipal para aliviar, dentro das posibilidades e das competencias que ten a administración local, a carga á que se enfrontan estes pequenos empresarios.
Así, durante esta mañá, o rexedor, Alfonso Villares, contactou cunha trintena de hostaleiros do municipio, para trasladarlles que non se cobrará a taxa de ocupación de vía pública desde o 15 de marzo e ata que remate o ano.
Do mesmo xeito, outra das medidas que se adoptou foi a eliminación do canón de lixo a aqueles establecementos que se viron obrigados ao peche a causa do COVID-19 e ata que poidan recuperar a súa actividade.
Ademais, tamén se flexibilizará o pago das taxas de todos os servizos que se prestan de xeito directo, de xeito que estes negocios terán ata catro meses para abonar os recibos que lles chegarán agora –correspondentes ás taxas de auga e lixo, de xaneiro e febreiro-,sen ningún recargo. Ese prazo ampliarase ata finais de ano, nos seguintes recibos que se emitan a partir de agora.
O rexedor continuará a facer estas videochamadas o luns, a fin de chegar a todas as persoas que están á fronte dalgún establecemento no municipio.
Ademais, abriuse unha vía de comunicación directa coas persoas autónomas do Concello a través do correo autonomos@concellodecervo.com, que estará á súa disposición para que poidan trasladar calquera dúbida ou cuestión do seu interese que será canalizada segundo corresponda.
Tal e como explican desde o Concello, “son medidas que poñemos en marcha a fin de contribuír a mitigar a carga que soportan neste momento estes pequenos empresarios do noso municipio, e que podemos asumir grazas á xestión pública da maioría dos servizos que se prestan”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



