Lugo, 11 de maio de 2020. Despois de esgotar sen éxito todas as vías posibles para que o presidente da Deputación convoque unha reunión da xunta de portavoces para abordar a situación na que se atopa a provincia como consecuencia da crise sanitaria e das dificultades económicas que xera, así como para fixar as medidas necesarias para axudar a superalas, o grupo provincial do PP formalizará mañá a solicitude dunha sesión plenaria extraordinaria. É unha medida que se adopta, en palabras do portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, á vista do “monumental rexeitamento do goberno da Deputación a convocar a reunión da xunta de portavoces que o PP solicitou insistentemente, no seu afán de colaborar de forma positiva e leal durante estes case 60 días de estado de alarma”.
Castiñeira di que os populares solicitan o pleno extraordinario “diante da inconcibible actitude autoritaria do presidente Tomé e a submisa actitude do BNG no seu intento de silenciar ao grupo maioritario, que é o do PP”. Tamén toman esta iniciativa pola “negativa do presidente a convocar o pleno ordinario correspondente ao pasado mes de abril, a pesar de que, como xa quedou demostrado, pode desenvolverse de xeito telemático; incluso dubidamos de que queiran convocar o de maio”.
O portavoz popular argumenta a necesidade da sesión extraordinaria que solicita “debido á falta de iniciativa do goberno provincial para adoptar medidas para axudar a que a provincia supere canto antes a crise sanitaria e as dificultades económicas que leva aparelladas; tamén pola tardanza na compra do escaso material de protección contra o Covid-19, case 40 días despois de decretado o estado de alarma”. Castiñeira ve con profunda preocupación “a nula acción do goberno provincial a favor dos sectores produtivos e a escasa inversión efectuada, que, ademais, está baseada en plans anuais xa existentes como o Plan Único e o Plan de Subvencións”. Por todo elo, di Castiñeira, “o grupo provincial do PP vese obrigado a solicitar un pleno extraordinario para que o goberno escoite e teña en conta as nosas propostas, que expuxemos durante estes case 60 días de estado de alarma”.
“Faremos -di Castiñeira- que Tomé compareza no pleno e comprometa partidas extraordinarias para un plan posCovid-19 que axude a nosa provincia a saír desta crise”. As propostas populares inclúen “a formación dunha comisión de seguimento, que posibilite a participación e o control no deseño e execución das medidas que é preciso tomar”.
Os populares consideran necesario “que o presidente Tomé cambie de actitude, que abandone esta actitude que mantén, totalmente retrógrada, coa complicidade do BNG; teñen que escoitar á oposición e aos sectores produtivos”. Castiñeira dixo que “no grupo popular tendemos a man para traballar e colaborar desde o primeiro momento; fixémolo, facémolo e farémolo de xeito totalmente leal e comprometido coa provincia de Lugo”.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



