Ribadeo, 11 de maio de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercadiño dos mércores se reanudará este 13 de maio, unicamente na súa sección de produtos agroalimentarios, prevendo a inclusión pouco a pouco do resto de artigos. A novidade é que se trasladará ao aparcadoiro municipal, debido á imposibilidade de celebrarse no sitio habitual dadas as limitacións de espazo e considerando esta nova localización como a mellor posible pola súa centralidade. O mercado de produtos da horta dos sábados seguirá celebrándose nas inmediacións da praza de abastos. Vendedores e clientes deberán cumprir coas medidas sanitarias recomendadas.
O rexedor confirmou que “vimos de publicar un Bando onde indicamos que desde o Concello de Ribadeo imos reabrir o mercadiño dos mércores e tamén o mercado da horta dos sábados. Hai que ter en conta que Ribadeo e a provincia de Lugo entraron na fase 1 e agora xa podemos ir flexibilizando estas normas de confinamento, e podemos ir reabrindo pouco a pouco, aínda que o estamos facendo loxicamente de acordo coas leis e estámolo restrinxindo, no que vai ser o mercado dos mércores, aos produtos agroalimentarios nada máis, prevendo a inclusión do resto de sectores pouco a pouco nos vindeiros tempos”.
Suárez Barcia subliñou que “imos cambiar a ubicación tradicional do mercado do mércores para o aparcadoiro público municipal, na mazá interior entre a Avenida de Galicia e a rúa Daniel Cortezón, motivado pola imposibilidade de celebrarse no sitio habitual, dadas as limitacións do espazo e considerando o novo lugar un espazo onde mellor se poden ampliar as superficies que marcan as normativas que temos que cumprir, e ao mesmo tempo pensando no futuro para seguir usando con seguridade tanto polos usuarios como polos vendedores ambulantes”.
O alcalde dixo que “imos incorporar unha serie de medidas de obrigado cumprimento para as persoas vendedoras, que estarán suxeitas a unha serie de normas protocolarias de sanidade como levar máscara, garantir dous metros de distancia entre eles e a clientela, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada ou poñer a disposición da clientela luvas e líquido hidroxel, entre outros. Pero tamén as persoas usuarias destes mercados deberán garantir a separación entre eles, en todo momento, de dous metros de distancia entre si, e deberán permanecer o menor tempo posible no mercado recomendándose tamén o acceso a el con máscara e con luvas”.
Fernando Suárez engadiu que “queremos facer do mercado de Ribadeo un mercado seguro e queremos dar todas as medidas, tanto de limpeza como de instalación de papeleiras, como de poñer a disposición xeles, etc…, para que vaiamos ganando confianza entre a xente, para que os vendedores poidan empezar a vender e a reanudar a súa vida con limitacións, pero que poidan reanudar a súa vida económica e profesional, e ao mesmo tempo os clientes poidan empezar a achegarse a estes mercados. Isto está referido para o mercado dos mércores, pero tamén para o mercado de horta dos sábados, que se vai seguir celebrando no exterior da praza de abastos polo reducido da súa dimensión”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



