Cervo, 11 de maio de 2020. O Concello de Cervo pon en marcha a partir de mañá un sistema de solicitude de cita previa para atender as necesidades da veciñanza que así o requira, de xeito presencial e baixo estritas medidas de seguridade.
Deste xeito, nos últimos días xa se foi reincorporando ao seu posto de traballo todo o persoal municipal para ir adaptando a Administración local á nova situación nesta fase 1 da desescalada.
Aquelas persoas que precisen realizar un trámite de xeito presencial nas dependencias municipais deben chamar ao teléfono do Concello (982 55 77 77) no que lle outorgarán a cita en función do departamento que requiran e priorizando ás persoas maiores e máis vulnerables.
Unha vez se facilite a cita previa, a persoa deberá acceder pola porta principal do Concello, onde xa se instalou un empapador para a desinfección do calzado. O uso de máscara e a limpeza don xel hidroalcohólico –dipoñible na entrada- é obrigatorio.
Na zona de control verificarán a descontaminación do calzado, o uso do cubrebocas, e a utilización da solución hidroalcohólica.
Unha vez autorizado o acceso, a persoa debe, ou ben acudir directamente ao despacho no que previamente concertou cita, ou ben esperar a súa quenda nunha das zonas de espera habilitadas –unha na planta baixa e outra na primeira planta- cun aforo máximo de 4 persoas, para dar cumprimento á distancia mínima de 2 metros. Deben permanecer nas instalacións o tempo estritamente indispensable para poder realizar os trámites administrativos.
Ademais, o elevador tan só pode ser usado por unha persoa cada vez: e sinalizáronse as escaleiras no sentido da subida e a baixada, para evitar o contacto. Así mesmo, tamén se delimitaron as zonas comúns e os despachos; e os baños de uso público e de uso do persoal municipal.
Os traballadores, ademais de ter garantida esa distancia de 2 metros para atender ao público, estarán dotados con máscaras -cirúrxicas e tamén FFP2- obrigatorias para transitar polos espazos comúns.
No día de hoxe, o servizo de prevención externo, acompañado de persoal municipal, supervisou os protocolos de sinalización e de seguridade establecidos, corroborando que se cumpren todos os parámetros e recomendacións fixadas por Sanidade.
Na medida en que vaia avanzando a situación de desescalada iranse modificando, adaptando e/ou implantando, se procede, medidas e recomendacións.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



