Ribadeo, a 12 de maio de 2020.- A concelleira do Partido Popular en Ribadeo, Elena Sierra alerta do malestar que está a causar o cambio de emprazamento do mercado dos mércores, sobre todo, indica, “pola repercusión económica que esta modificación conleva tanto para as tendas como para os negocios de hostalería”. Deste xeito, a edil considera “un despropósito” esta acción do goberno local, xa que “hai espazo suficiente para colocar os postos, pois, di, só están os da alimentación”.
Esta decisión sorprendeu aos populares, xa que se enteraron da mesma polos medios de comunicación; o que evidencia, remarca, que o alcalde actúa “sen consultar a ninguén”. Proba delo, é que este Grupo Municipal leva semanas demandando a constitución dunha comisión técnico público-privada, na que abordar, precisamente, cuestións como a referida, pero o rexedor continúa facendo caso omiso desta petición.
Elena Sierra reproba decididamente este modo de actuar, destacando que esta comisión sería a fórmula para tratar todas estas cuestións, así como as numerosas propostas que os populares plantexaron dende que o Goberno central decretou o estado de alarma.
Esta forma de actuar unilateral do dirixente local xa foi cuestionada en numerosas ocasións polo Grupo Municipal do Partido Popular, que, desta volta, veise na obriga de denunciar novamente debido á repercusión negativa que está a ter no mercado de proximidade e na actividade económica da vila.
Por este motivo, Sierra pide ao alcalde que abandone “esta forma de facer política que non conduce a ningures e que, se ten pensado seguir tomando decisións coma esta, comece por establecer un diálogo co resto da Corporación e incluso cos propios afectados, xa que só así se pode asegurar que as decisións non xeren aínda máis incertidume e malestar, como está a acontecer co cambio do mercado dos mércores”, conclúe




















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



