Ribadeo, 12 de maio de 2020. O Concello ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación, polo procedemento aberto simplificado, dun contrato de servizo de tratamento preventivo contra incendios forestais. O importe é de 105.000 euros en tres anualidades. As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de prazo ata o 20 de maio para presentar as súas ofertas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural.
Jesús Mundiña explicou que “o Concello de Ribadeo ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación, polo procedemento aberto simplificado, dun contrato de servizo de tratamento preventivo contra incendios forestais por un importe total de 105.000 euros, fraccionado en tres anualidades de 2020 a 2022. Estes traballos consisten na roza mecanizada da faixa auxiliar en ambas marxes da vía, incluíndo nesta actuación a roza de noiros e/ou da plataforma, cun ancho medio de 5 metros (2,50 m en cada marxe) e tamén o rozado de parcelas de titularidade municipal”.
O edil nacionalista dixo que “este Concello é titular dunha rede viaria de considerable extensión, tanto de camiños que dan servizo aos seus 150 núcleos de poboación e ás fincas de uso agrícola das 14 zonas de concentración parcelaria, como aqueles que serven ás fincas de produción forestal. E este contrato ten prevista unha actuación sobre un mínimo de 40 e un máximo de 70 hectáreas de superficie de rozado nas marxes dos camiños de titularidade municipal, o que representa actuar sobre un mínimo de 80 e un máximo de 140 quilómetros”.
O concelleiro de Medio Rural indicou que “o obxecto deste contrato é a realización por medio dunha empresa especializada de parte dos traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais de xeito mecanizado, necesarios en varias vías, camiños e masas de titularidade municipal como complemento ás labores realizadas polos dous tractores propios do Concello que, pola carga de traballo dos mesmos, principalmente durante a tempada estival, imposibilita cumprir en tempo e forma con todas as necesidades de roza das vías e parcelas municipais. Por este motivo resulta imprescindible, como se ven facendo en anos anteriores, contratar a una empresa especializada parte de todos os traballos precisos, á cal se lle encomendarán prioritariamente as vías que veñen formando parte dos convenios asinados coa Consellería do Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais, e polo que o Concello percibe una axuda da devandita Consellería da Xunta de Galicia”.
As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de prazo ata o próximo dia 20 do de maio para presentar as súas ofertas.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



