Lugo, 14 de maio de 2020. A candidata do BNG ao Parlamento de Galiza por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza telemática con estudantes universitarias para coñecer, de primeria man, a situación do estudantado con respecto ao confinamento e as inquedanzas do colectivo de cara ao vindeiro curso escolar. Segundo Olalla Rodil, “a Xunta de Galiza debe actuar con responsabilidade e planificar o curso que vén, preparando un plan plan de medidas hixiénico-sanitarias para o ensino obrigatorio e universitario”.
“A Xunta de Galiza ten que garantir o distanciamento social e preparar protocolos para o transporte, as aulas e os comedores”, afirmou Olalla Rodil, que reclamou “avances nas ferramentas de teleformación, onde tanto profesorado como estudantado deben ter acceso aos recursos e ás ferramentas necesarias para continuar coa actividade lectiva en caso de novos paróns”.
OPE 2020
A candidata do BNG reclamou ao goberno da Xunta “que presione ao goberno do estado para que execute as modificacións lexislativas para acumular as prazas da OPE do 2020 á do 2021”. A candidata do BNG asegurou que “o ensino, como servizo público, debe reforzarse e contar con persoal para garantir o acceso de todas e todos en condicións de equidade, sen importar o lugar de residencia”.
Ao respecto da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galiza para o mes de Xullo, Olalla Rodil calificou a decisión do Partido Popular como “unha temeridade e unha irresponsabilidade”. Olalla Rodil criticou “que sexa o Lehendakari quen marque a axenda do presidente da Xunta, sen ter en conta que no mes de xullo se poden producir repuntes da enfermidade”. Malia todo, Olalla Rodil afirmou que “desde o BNG estamos listas para continuar coa campaña e converter a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza”











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



