LUGO .- Autoridades de todo o mundo promocionan os camiños da provincia co KmO a Compostela. Participantes no Cumio Internacional sobre Drogas fan unha ruta de peregrinación en Ribadeo co programa da Deputación
Nota Prensa
Autoridades de todo o mundo promocionan
os Camiños da provincia co Km0 a Compostela
Participantes no Cumio Internacinal sobre Drogas fan unha ruta de peregrinación
en Ribadeo co programa da Deputación
Autoridades de América Latina, Europa e O Caribe que durante esta semana asistiron na cidade de Lugo ó Cumio Internacional de Drogas foron recibidos este sábado no Salón de Plenos do Pazo Provincial para participar en Km0 a Compostela. Alcaldes e Alcaldesas de todo o mundo farán unha ruta de peregrinación no Concello de Ribadeo, visitarán o casco histórico desta vila, e realizarán unha travesía marítima pola ria, colaborando co organismo provincial na promoción ó exterior dos Camiños de Lugo de cara ó Xacobeo.
A Deputación puxo en marcha o pasado mes de setembro esta modalidade de Km0.Deputación de Lugo adiantándose ó Ano Santo, e convertíndose na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo.
Ademais dos Alcaldes e Alcaldesas de América Latina, Europa e O Caribe, outras personalidades relevantes do país, e de distintos sectores, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo. É o caso da alpinista Chus Lago, Fernando Romay, o plantel do Leite Río Breogán, os campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya; das Cantareiras de Ardebullo e de Roberto Vilar; de colectivos como a Sociedade Española do Corazón –SEC-; dos directores de medios de comunicación de Galicia, ou do Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.
Asimesmo, os participantes nesta ruta de peregrinación polo Camiño Norte recibiron lotes de produtos autóctonos da campaña de promoción do organismo provincial Lugo-Sabe.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



