Lugo, 19 de maio de 2020. “Unha vez máis, o presidente socialista da Deputación acerta cando fai caso do que lle di o PP e, por fin, convoca as comisións para o pleno ordinario de maio; empeza así a reparar o dano causado á calidade da vida democrática co secretismo e a gobernanza a base de decretos que impuxo dende a declaración do estado de alarma”. Así o asegura o portavoz popular, Javier Castiñeira, ao enxuizar a decisión de José Tomé de atender a reclamación do seu grupo de que se celebre o pleno ordinario correspondente ao mes en curso (en abril, non foi convocado). Neste sentido, recordou que o presidente da Deputación, tarde e non moi ben, corrixiu a súa errada traxectoria cando atendeu as propostas do PP e convocou unha sesión plenaria telemática, comprou material sanitario de protección fronte ao Covid-19 e falou con representantes do tecido produtivo da provincia. Castiñeira anuncia a presentación dunha moción para que a Deputación cumpra o protocolo establecido xa no pasado mandato (xuño de 2018) co Concello de Xove para a mellora de estradas neste municipio.
O portavoz provincial dos populares di que o tempo transcorrido desde a declaración do estado de alarma foi na Deputación un exemplo de como non se debe gobernar en situacións tan especiais como esta, debida á pandemia provocada polo coronavirus Covid-19. Castiñeira destaca que en abril non houbo pleno ordinario e que foron desatendidas todas as solicitudes feitas polo PP, o partido con máis deputados, para que fose convocada a xunta de portavoces para fixar un plan de intervención directa en axuda da provincia, tanto desde o punto de vista sanitario como desde o económico. Engadiu: “Agora parece que o presidente recapacitou e decidiu atender a nosa demanda para que convoque o pleno ordinario de maio; acerta cando nos fai caso e sae gañando a provincia. É unha pena que non nos faga caso con máis frecuencia, porque Lugo tería agora mesmo un plan para axudar ao noso tecido produtivo no momento da reactivación da economía”.
Tras “felicitar ao presidente da Deputación, porque hoxe nos deu a boa noticia da convocatoria das comisións para o pleno ordinario”, o portavoz dos populares anunciou que nesa sesión defenderán unha moción para que a Deputación cumpra o protocolo establecido no pasado mandato con Concello de Xove para a mellora de varias estradas. A este respecto, declarou: “O delegado de Vías e Obras da Deputación non cumpriu ata agora coa súa obriga de desenvolver o protocolo firmado co alcalde de Xove polo anterior presidente, Darío Campos. É un incumprimento especialmente grave porque se dá a coincidencia de que o delegado de Vías e Obras e o actual presidente da Deputación son a mesma persoa”. Castiñeira recomenda a Tomé que “escoite aos seus compañeiros, aos alcaldes que traen á Deputación queixas polo estado de estradas provinciais; máis comunicación cos alcaldes como delegado de Vías e Obras, que é unha responsabilidade que vostede quixo asumir directamente”.
Na proposta que defenderá o PP figura instar ao goberno provincial a que cumpra co acordado no protocolo xeral de actuación asinado o 11 de xuño de 2018 entre a Deputación e o Concello de Xove e que, polo tanto, tramite a formalización coa maior celeridade posible, e en todo caso no prazo máximo de dous meses dende a aprobación deste acordo, dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Xove. O obxectivo é que, por un lado, a Deputación complete, no ano 2020, a actuación relativa á reparación da estrada LU – P 2601 Xove (LU-862) Portiño de Morás (LU-P-2602) e polo tanto proceda a levar a cabo a licitación, contratación e execución da obra correspondente á segunda fase xa que na actualidade tan só está licitada e empezada a obra correspondente á primeira fase”. Neste acordo, por outra parte, establécese que o organismo provincial levará a cabo na anualidade 2020 e no primeiro semestre da anualidade 2021 a licitación, contratación e execución da obra relativa á reparación da estrada provincial LU – P 2604 Xove (LU 862 – Monte – Valcarría (LU – P 6607), que une os concellos de Xove e Viveiro, concretamente nos quilómetros que transcorren polo municipio de Xove, que están nun estado de deterioro tan alarmante que supón un risco elevado para a seguridade.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, sinala: “Non podo entender como un acordo asinado por un presidente da Deputación, que beneficia tanto a esta institución como ao Concello de Xove, non se leva a cabo, incumprindo todos os prazos establecidos no protocolo. Nese acordo recoñécese que se trata de dúas das vías con máis tráfico da provincia e que están en moi mal estado. Unha delas une Xove co Concello de Viveiro e está amañada en parte, no tramo de Viveiro, pero o outro, o de Xove, está moi mal, en estado de abandono total. A outra estrada está tamén en moi mal estado. É inexplicable que non se desenvolvera ata agora o protocolo co necesario convenio entre as dúas partes; pedín falar con el en cinco ocasións, e non me atendeu. Esperemos que saía adiante esta moción”.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.