Lugo, 19 de maio de 2020. O grupo provincial do PP cre que o presidente da Deputación de Lugo está condenado a xogar un papel moi triste de cara ás próximas eleccións autonómicas se persiste en facer de altofalante do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero. O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que sería lamentable que un home coa experiencia política de José Tomé caese ao nivel demostrado polo xefe de filas do seu partido. Fai estas declaracións á vista das manifestacións de Tomé en relación a convocatoria de eleccións autonómicas. “O que está claro é que Caballero usa a Tomé ante a súa incapacidade para facer oposición a Feijóo”, di Castiñeira.
Segundo recollen algúns medios, Tomé asegura que a convocatoria das eleccións autonómicas responde máis a unha estratexia do PP e de Feijóo que as necesidades reais dos galegos, nun momento delicado sanitariamente. O portavoz provincial do PP declarou: “O señor Caballero non se aclara, vive nunha contradición permanente instalado nunha realidade virtual que pouco ou nada ten que ver coa realidade dos galegos. A pesar de todo, é consciente, porque xa lle quedou claro ata a el, que se como oposición non ten capacidade para enfrontarse a debates co presidente da Xunta, moito menos a ten para competir electoralmente. E bota man, cando pode, de Tomé para intentar dar ás súas mensaxes a credibilidade que saben que non teñen”
Para o portavoz dos populares, a inmensa maioría dos galegos saben que Alberto Núñez Feijóo non tomaría ningunha decisión con posibilidades de poñelos en perigo. E tamén saben, despois de ver como actúa o Goberno de Pedro Sánchez, que os socialistas non son nada fiables, e que o mesmo que agora critican a convocatoria electoral, acusarían a Feijóo de intentar manterse na presidencia a calquera prezo se non as convocara dentro do marco da lexislatura, e “non hai que esquecer que todo indica que se hai rebrote na pandemia será aproximadamente en outubro”. Engadiu: “En Galicia sabemos que expertos asesoran á Xunta, pero non conseguimos saber cales son os que están detrás das decisións do Goberno de Sánchez, se é que hai algún”. Neste contexto, Castiñeira recoñece que Tomé terá por diante un difícil papel nas próximas semanas “cada vez que teña que acudir en auxilio de Caballero, secretario xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta”.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



