Lugo, 28 de maio de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presentou este xoves no exterior do Pazo de San Marcos a campaña EN LUGO, SI; que lanza a institución provincial para “reactivar, dunha maneira estable e eficaz, o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus”.
A Deputación leva semanas traballando no deseño deste proxecto, que o propio Presidente lles avanzou o mes pasado aos axentes sociais e económicos da provincia durante unha rolda de contactos e que foi moi ben acollido. Dado que se trata dunha iniciativa en coordinación e colaboración co tecido socioeconómico, no acto desta mañá, acompañaron a José Tomé, ademais da Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, as dúas áreas provinciais con maior peso na campaña, o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e os presidentes da Federación de Comercio, José María Seijas, e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real.
Tomé Roca explicou que a marca EN LUGO, SI creada pola Deputación “simboliza e reflicte todos os valores e fortalezas que ten a provincia como lugar seguro, de confianza, de calidade e de oportunidades para comprar, para consumir, para o lecer, para pasar as vacacións, pero tamén para emprender”.
A campaña EN LUGO, SI busca revitalizar o tecido económico da provincia e, con iso, o emprego, sobre todo nas pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos. “Por unha banda inclúe accións dirixidas aos propios negocios, traballadores e profesionais dos sectores produtivos, para dotalos das ferramentas que precisan para facer fronte á denominada nova realidade e, pola outra, iniciativas dirixidas á cidadanía, difundindo, os valores e fortalezas da nosa provincia e do seu tecido produtivo”, explicou o Presidente.
A primeira das accións será un programa formativo en liña a través de Internet, pensado para “apoiar aos negocios e profesionais do comercio, da hostalería e do turismo na aplicación de medidas de prevención e hixiénico sanitarias, e para que o fagan ademais, garantindo a comodidade e o benestar do cliente, é dicir, mostraráselles como orientar esas pautas para que non resulten incómodas para os clientes”, afirmou José Tomé.
Este programa formativo, moi especializado, terá 300 prazas e será para os negocios dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, en tanto que o Concello de Lugo xa ten o seu propio programa. A Deputación entregará un diploma que acreditará que os negocios participantes realizaron esta formación e son, polo tanto, establecementos seguros. As inscricións abriranse o vindeiro luns, día 1 xuño, e o curso comezará o día 15 do mesmo mes.
Así mesmo, o Presidente adiantou que no marco desta mesma campaña de promoción se van organizar uns encontros on line de debate e análise sobre a situación e o futuro do comercio, a hostalería e o turismo.
Pola súa banda, os representantes da Federación Galega de Comercio, da APEHL e da CEL coincidiron en agradecer estas iniciativas que, confían en que axudarán a mandar unha mensaxe de tranquilidade e confianza tanto ás empresas lucense coma ao conxunto da cidadanía e a incentivar o consumo.
Confianza na cidadanía
EN LUGO, SI nace coa vontade de xerar confianza na cidadanía para que consuma produtos e servizos de proximidade. “É moi importante que se actúe ben dende un principio para que a sociedade gañe confianza e saia á rúa mercar, consumir e pasar o seu tempo de lecer e vacacións nos negocios de sempre, sabendo que están nas mellores mans”, recalcou o Presidente.
O mandatario provincial explicou que mantén unha constante comunicación co tecido social e económico da provincia, dende o primeiro momento, para escoitar as súas necesidades e preocupacións, e para desenvolver accións coma esta que pretenden favorecer a reactivación da demanda e dos nosos sectores produtivos e, polo tanto, da economía e do emprego. “Queremos que a cidadanía, empezando polos propios veciños e veciñas da provincia, aposten polos negocios de proximidade, polo comercio local, polas tendas, polos bares e restaurantes, polos establecementos turísticos, polos produtores, polas empresas do seu barrio, do seu concello e dos 67 municipios lucenses”, subliñou Tomé.
Colaboración co tecido socioeconómico
O Presidente agradeceu a colaboración da CEL, da Asociación de Hostalería e da Federación de Comercio, “porque este é un programa deseñado en colaboración cos seus destinatarios, escoitando as súas demandas, tendo en conta as súas achegas e tratando de conseguir algo que sexa útil para todos”. “O dito de que os problemas superámolos xuntos non é para nós unha fórmula, nin unha frase baleira. Sabemos que a principal fortaleza desta provincia é, precisamente, a capacidade de diálogo e colaboración do tecido social e económico cos responsables públicos”, asegurou José Tomé.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



