Lugo, 28 de maio de 2020. O Partido Popular de Lugo asegura con rotundidade que o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez, co apoio do comunista Pablo Iglesias, é nefasto para Lugo como se demostrou desde os primeiros días da lexislatura. Agora confírmase unha vez máis ao ver que por culpa da súa inacción e da súa falta de compromiso, Alcoa-San Cibrao, que representa o 30% do PIB da provincia de Lugo, anuncia un despido colectivo que afectará a 540 traballadores. Os populares din que o Goberno central, coa complicidade dos socialistas lucenses e dos seus socios nacionalistas, moi sinaladamente dos alcaldes do PSOE, actúa como enterrador dunha industria que é vital para A Mariña e para toda a provincia de Lugo. O PP anuncia novas iniciativas institucionais en apoio de Alcoa e dos seus traballadores e indica que aínda queda unha pequena marxe de tempo, de semanas, que ten que ser aproveitada polo Goberno para tomar as decisións necesarias para que a empresa teña futuro.
Os populares destacan que a historia do Goberno de Sánchez e Iglesias con Alcoa é a da inacción e as promesas baleiras; en febreiro de 2019 prometeron un estatuto para empresas electrointensivas en tres meses e a día de hoxe aínda está sen aprobar coas alegacións formuladas pola Xunta e polos representantes dos traballadores. A falta dese estatuto, que estableza un marco estable de prezos asumibles da enerxía eléctrica, é a peza clave da situación na que se atopan hoxe a empresa e os traballadores, da que o Goberno foi reiteradamente avisado. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou a industria o pasado 25 de febreiro, xunto co presidente da Deputación, José Tomé, pero nada fixeron.
Os populares lideraron durante meses as iniciativas políticas en defensa de Alcoa-San Cibrao en todos os ámbitos institucionais e con asistencia a cantas concentracións convocaron os representantes dos traballadores. A peza clave para garantir o futuro desta industria era o estatuto para empresas electrointensivas e o Goberno non quixo aprobalo. A presidenta provincia do PP, Elena Candia, declarou: “Dixémolo por activa e por pasiva, dixémolo nos concellos, na Deputación, no Congreso, en todos os ámbitos; a Xunta, polo seu lado, deixou claro o seu compromiso con Alcoa. Pero fallou o Goberno e fallaron os socialistas lucenses, que, por cubrirlle as costas a Sánchez, foron incapaces de presionar para lograr un estatuto como o que necesitan empresas como Alcoa. E estas son as consecuencias” .
No PP resaltan a responsabilidade que, ao seu xuízo, teñen os alcaldes socialistas da provincia de Lugo na situación que se vive nestes momentos en Alcoa. Destacan así que non tiveron o sentido da responsabilidade necesario para reclamar con firmeza do Goberno a aprobación dun estatuto electrointensivo como precisan empresas como Alcoa. Recordan tamén como o PSOE utilizou electoralmente esta industria. Así lembran que o estatuto non chegou no prazo prometido, pero serviulle á ministra Reyes Maroto para facer campaña durante meses, con visita incluída a San Cibrao; prometeu o estatuto en canto se formase Goberno, pero foi unha mentira máis, como se comproba. Cando finalmente se presentou un borrador de dito documento, en febreiro de 2020 (un ano despois de anuncialo), era claramente insuficiente, opinión na coincidían as administracións autonómicas, o sector e os traballadores. Por iso, tres gobernos de cores distintas como os de Galicia, Asturias e Cantabria, pactaron alegacións comúns. Quedou demostrado así que esta non é unha batalla política, senón de defensa da industria lucense e do emprego.
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destaca que a inacción do goberno e as súas decisións erradas son nefastas para a provincia de Lugo, como xa se viu co peche de Endesa-As Pontes, que daba emprego a numerosos veciños da provincia de Lugo. Candia espera que os socialistas lucenses cambien o paso e poñan os intereses de Lugo e de Galicia por enriba dos de partido e esixan do Goberno central que corrixa a súas políticas de xeito que non desmantelen a industria lucense. O PP presentará novas iniciativas en todos os ámbitos institucionais en defensa de Alcoa-San Cibrao, unha peza clave da economía non só da Mariña senón de toda a provincia. “Socialistas e nacionalistas teñen que elixir dunha vez se están co Goberno e deixan que siga fundindo a industria de Lugo, ou están cos lucenses e obrigan a Pedro Sánchez a cambiar a súas políticas industrias de xeito que non sexan nefastas para Lugo. Por non facelo ata agora, pasa o que pasa con Alcoa-San Cibrao”.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



