Santiago de Compostela, venres 29 de maio de 2020. Cs denuncia ante a Comisión Europea a inacción de Feijóo e Pedro Sánchez ante o peche da planta de Alcoa”. Así o asegurou este venres a portavoz en Galicia, Beatriz Pino, tras unha pregunta rexistrada polo eurodeputado, Adrián Vázquez, na que se critica a inacción por parte do presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, así como dos socialistas galegos, que provocou o peche da planta de aluminio primario que posúe a multinacional Alcoa en Galicia.
Tras coñecerse o pasado 27 de maio a quebra da planta de Cervo (Lugo), a única que a empresa posúe en España, Pino lamentou que “llevamos años denunciando que está podía pasar y parece que va a pasar sin que el PSOE ni el PP hayan hecho nada por salvar estos puestos de trabajadores. Muchas promesas y pocos hechos”. “El cierre de la fábrica supone el despido de 534 trabajadores. Esto es devastador para la economía de muchos gallegos que necesitan estos sueldos para mantener a sus familias”, continuou.
Neste sentido, a portavoz pediu á Administración galega e española que “pongan urgentemente una solución encima de la mesa para estas familias”. “Tenemos que hacer lo posible para que este sector se recupere de este duro golpe. Necesitamos certezas, no improvisación”, reiterou.
Pola súa banda, Vázquez subliñou que o peche “es el resultado de una falta absoluta de política industrial por parte de los Gobiernos autonómicos y nacional en los últimos años” e preguntou ao executivo comunitario, xunto á tamén eurodeputada de Cs, Susana Solís, se o Goberno de Sánchez solicitou as axudas europeas do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para dar apoio aos traballadores afectados. Así mesmo, os eurodeputados demandaron directamente á Comisión que tome medidas para evitar o peche de empresas industriais en chan europeo.
“Cuando no se hacen los deberes las crisis golpean más fuerte. Esperamos que ahora el Gobierno sí reaccione y solicite activar los fondos europeos que impidan que nuestra industria en España siga desapareciendo y, con ella, miles de empleos tan importantes para regiones como Galicia”, declarou o eurodeputado.
Desta maneira, os deputados de Cidadáns quixeron finalizar dirixíndose a autoridades galega, española e europea para que feitos como o recentemente acaecido en Cervo non se reproduza no resto de plantas que empresas internacionais teñen en Galicia e en España. “No podemos permitir que la ineficiencia de Núñez Feijóo, que no ha sabido diversificar el tejido económico de Galicia, vuelva a recaer en los trabajadores gallegos. Es el momento de que las instituciones trabajemos unidas para mantener los puestos de trabajo de miles de familias que dependen de Alcoa”, concluíron.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



