Alfoz, 1 de xuño, 2020. Ante a recente obriga de que os nenos e nenas utilicen máscara cando están en risco de contacto con persoas que non son do propio domicilio, a ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz comezou a entrega de máscaras para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
Esta iniciativa non beneficiará soamente aos alumnos do centro, senón que se estenderá a todos os nenos e nenas de Alfoz en idades escolares de infantil e primaria, así como a aqueles que inicien o curso no vindeiro mes de setembro. Segundo indican desde o colectivo “pensamos que o máis axeitado pola nosa parte é repartir máscaras para todos os nenos e nenas desas idades do concello, independentemente de que formen parte da nosa comunidade educativa ou non”. Tamén recordan que deixarán máscaras a maiores no CEIP para aqueles alumnos e mestres que precisen delas ao incorporarse ao centro ou que non as recibiran no seu domicilio.
As máscaras están feitas con tea 100% algodón de dobre capa e contan cun clip nasal axustable e un bolso inferior para colocar un filtro de TNT (Téxtil Non Tecido). Con cada máscara inclúense dous filtros TNT para os dous primeiros usos, xunto con unha carta e unhas instrucións de uso para as mesmas.
Desde ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, queren dar as grazas aos colaboradores externos e algún membro da propia ANPA que se ofreceron a confeccionar tanto as máscaras como os saquiños de tea nos que se entrega cada pack. Tamén agradecen a implicación dos traballadores de correos que colaborarán no reparto.
Ademais, de cara ao vindeiro curso escolar, desde o colectivo queren convidar ás familias “a formar parte da nosa comunidade educativa, na cal será máis sinxelo adoitar as medidas preventivas establecidas pola administración, debido ao baixo número de alumnos no centro, o cal supón outra vantaxe engadida nestas circunstancias”.
A ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz quere enviar a todas as familias unha mensaxe de ánimo “nesta difícil situación que se nos presenta a todos, debido á necesidade de manter o menor contacto social posible polo perigo de contaxio do COVID-19”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



