Lugo, 1 de xuño de 2020. Baixo a presidencia do socialista José Tomé, a Deputación de Lugo descarga de maneira incomprensible as súas responsabilidades directamente nos concellos, xa moi saturados como consecuencia da crise sanitaria e das consecuencias económicas que provocou. Así o entende o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, que ve claramente insuficientes as medidas de apoio ao tecido produtivo anunciadas por Tomé, porque non van máis aló de iniciativas de promoción e formación: “Son necesarias, si, pero son só unha pequena parte do impulso que hai que dar desde a Deputación”. Castiñeira asegura que, así, “a falta de compromiso da Deputación obriga aos concellos a sacar liñas propias de axuda aos sectores produtivos”. Nese sentido, destaca que un deses concellos é o de Monforte, do que é alcalde José Tomé. “Máis de 4.200 pemes e autónomos e 16.487 traballadores afectados por ERTE na provincia non verán nin un só euro en axudas directas da Deputación, debido ao escaso compromiso de PSOE e BNG, que votaron en contra do plan de reactivación, por oito millóns de euros, proposto polo PP”.
O PP está convencido de que o goberno presidido por José Tomé carece dunha política económica clara, definida; é un déficit que se fixo evidente coa crise sanitaria. Castiñeira ve “unha xestión nefasta, que fai que o goberno provincial non sexa capaz de optimizar os grandes recursos económicos que posúe, como son os 93 millóns de orzamento do 2020 e os 67 millóns de euros de remanentes”. Recorda que, “no pasado pleno, o goberno intentou que na orde do día os asuntos económicos pasaran desapercibidos, porque confirmaban que incumpriu a estabilidade e a regra de gasto no 2019 e incumpre o plan económico financeiro, o que conleva que a Deputación sexa apercibida e non poida gastar 4,5 millóns que podían ir ao plan de reactivación”. Explica que “eses cartos quedan provisionalmente paralizados nunha partida de gasto non dispoñible para o 2020” O portavoz popular da un consello a socialistas e nacionalistas: “Señores do bipartito, fáganlle máis caso aos técnicos e ao PP, menos desculpas e máis rigor nas contas”
Castiñeira tamén di: “A Deputación, ao non asumir a responsabilidade que lle corresponde na axuda ao tecido produtivo, descarga nos concellos, aos que obriga a sacar liñas de axuda. Quero deixar claro que vemos positivas as medidas anunciadas para formación e para promoción do comercio local, a hostalería e o turismo. Pero son insuficientes, totalmente insuficientes. Vemos tamén positiva a vía aberta por medio de Abanca, pero é unha iniciativa desta entidade”.
O portavoz popular manifesta: “Unha vez máis, instamos ao presidente Tomé a xestionar a Deputación de modo que o organismo provincial teña a implicación necesaria, directamente, para axudar ao tecido produtivo lucense a superar as dificultades económicas derivadas da crise sanitaria. Non lle chame Plan Poscovid, se non quere, señor Tomé, chámelle como queira, pero artelle liñas de axuda aos nosos autónomos, ás nosas pequenas empresas, que as necesitan moito, e son o soporte da economía da provincia”. Castiñeira está convencido de que “o goberno provincial antepón o gasto nos seus compromisos políticos ás axudas reais ás empresas e traballadores lucenses afectados pola crise da covid-19 e traslada esa responsabilidade aos concellos”.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.