Días da maior crise do século. A enfermidade galopa e a crise cabalga coma cancro sen menciñas . Aluminio, mantela é moi viable por diversos motivos que estamos escoitando, é un material reciclable, ecolóxico, para usos diversos e cun potencial enorme, coas maiores reservas mundias de bauxita nun país que foi irmán ata 1968 Guinea Ecuatorial, ata o XIX un metal semiprecioso con máis valor que o ouro, hoxe de uso diario. Unhas instalacións existentes e cun capital humano experto, un porto estatal… Estatuto electrointensivo serio xa, unha fórmula público-privada, ata entón so queda meterse dentro e de alí non sae nin un tornillo.
Sen industria somos neolíticos. Deixalo caer supón darlle a oportunidade a outros. É 33% do PIB da provincia, non só os salarios directos dos traballadores, as consecuencias son brutais o pago de impostos para manter os servizos sociais, a sanidade, a educación, as infraestructuras… o que garantiza un país libre e estable, o resto películas de sesta.
Ademáis outros sectores milenarios na comarca están as sufrir. A pesca ou a madeira, temos que apoialos e apostar pola industria da transformación da materia prima. Incluso o xa denostado turismo pero eso sí, cun novo modelo vencellado á posta en valor e conservación do patrimonio cultural e natural.
Tomos os ovos caben no cesto, si se chocan saen pitiños, galiñas, e máis ovos.
Hai anos que se leva advertindo, voces silenciadas que foron tratadas como tolas, discrepantes, de crear un tecido alternativo forte, de diversificar, de fortalecer o que temos. Isto e unha cadea circular, un detrais do outro. Non olvidemos que aquí estivo a primeira fábrica de España, Sargadelos, facíanse dende vehículos, refrescos e chocolates, ladrillos, ferro, conservas, lousa, sombreiros ou mobres… todo foi e é posible.
Este país estase xogando a súa posición xeopolitica e a defensa da comunidade latina no mundo, outro cantar do que falar… Europa tivo o Plan Marshall despois da II Guerra, ou USA os Decretos de New Deal con Roosevelt no 29. Pois a menor escala debemos de resistir, reconstruir, reformular, refundar a Comarca cunha mesa de expertos que nos ensinen a pescar, basta xa de políticas demagóxicas de migas, hai que prantar millo e facer pan.
A diferencia de hoxe, daquela os pobos, os líderes económicos e sociais souperon ter poder de resilencia, adaptación, supervivencia, hoxe por desgraza a sociedade é suciedade.
¿Imos seguir coa venda nos ollos? ¿Imos discutir do que nos trouxo ata aquí? ¿Imos deixar que caian sectores estratéxicos, vitais? Se e así a facer maletas.
O fin da Mariña. O noso futuro está en xogo, vivir ou morrer.
¡Adiante veciños,
a loita comeza,
ALCOA NON SE PECHA !
A. Lage-Seara





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.