Lugo, 7 de xuño de 2020. A Deputación de Lugo celebra mañá luns, ás 11:00 horas, o primeiro dos encontros online das xornadas Abrindo as portas: o rexurdir do turismo co fin de favorecer a reactivación deste sector na provincia.
Baixo o título A sostibilidade e a confianza como claves para reactivar o turismo, o xefe de área de Turismo Sostible da Secretaría de Estado de Turismo, Ricardo Blanco Portillo, xunto a Deputada de Turismo, Pilar García Porto, abrirán estas xornadas virtuais dirixidas ao sector do turismo provincial.
Os foros de turismo online retransmitiranse en directo e de balde a través do youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Este primeiro encontro emitirase na ligazón https://youtu.be/Woo3L6ypYn0. Nesta canle o público poderá formular preguntas e comentarios. As persoas interesadas en participar poden escribir un email a turismo@deputacionlugo.org para recibir indicacións directas do acceso.
Sesións das Xornadas Abrindo as portas: o rexurdir do turismo
Os encontros de turismo online da institución provincial terán continuidade noutras catro sesións máis os días 10, 11, 15 e 17 de xuño co obxectivo de converterse nun espazo de intercambio de información, análise e debate de opinións e tamén de escoita das necesidades do sector e das súas perspectivas sobre a reactivación turística da provincia.
Con esta iniciativa, a Deputación pretende facilitar ademais a adaptación con garantías a todo o que esixe a nova normalidade na actividade hostaleira e turística e compartir a visión dos retos e oportunidades que ofrece o novo escenario para o sector.
Nestes foros virtuais do turismo reuniranse representantes dunha vintena de asociacións de profesionais e de empresas, da sociedade civil, de entidades que traballan polo desenvolvemento do sector e de organismos oficiais con competencias no turismo.
As xornadas Abrindo as portas: o rexurdir do turismo son unha das accións da campaña EN LUGO, SI que promove a institución provincial para impulsar o tecido económico provincial na desescalada. Pretenden contribuír a incorporar ferramentas e dinámicas que sirvan para reforzar os valores e fortalezas da provincia de Lugo como destino turístico e para afrontar con garantías a chegada de visitantes neste verán.
Participantes nos encontros de turismo online
Todos os foros de turismo online comezarán ás 11:00 horas e contarán coa participación da Deputada de Turismo, Pilar García Porto. O mércores 10 de xuño, no diálogo con representantes de colectivos empresariais intervirán as asociacións galegas de Albergues Privados -AGALBER-, de Axencias de Viaxes – AGAVI-, de Empresas de Turismo Activo e de Natureza – AGETAN-, xunto ás asociacións provinciais de Empresarios de Hostalería de Lugo –APEHL-, e de Guías de Turismo de Galicia -APIT GALICIA-.
O xoves 11 de xuño, no diálogo con representantes de institucións, entes de xestión e promoción e sociedade civil intervirán a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela Paz, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Francisco Cajoto, a delegada da S.A. do Plan Xacobeo e Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, o presidente da Federación Veciñal Lucus Augusti, Jesús Vázquez Varela, e o Presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Manuel López Vázquez.
O luns 15 de xuño, noutro diálogo con colectivos empresariais participarán representantes da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia -AVITURGA-, Asociación de Balnearios de Galicia, Federación Galega de Comercio, Federación Galega de Turismo Rural e Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia -PROTURGA-.
O mércores 17 de xuño, no debate Traballando por unha hostalería segura intervirán representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo -APEHL-, Hostelería de España e da Horeca Data e Proyecto Hostelería Segura.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



