Mondoñedo, 28 de xuño do 2020. O BNG de Mondoñedo critica a política de feitos consumados que está aplicando o goberno municipal cos cortes de tráfico dalgunhas rúas da cidade, aféalle ao alcalde a toma destas decisións sen un consenso coa veciñanza nin cos grupos políticos e lamenta a falta de información previa da medidas adoptadas.
Os nacionalistas entenden que estas decisións hai que informalas con antelación e repróchanlle ao alcalde, Manuel Otero, que nin sequera fora capaz de publicar un Bando municipal anunciando o nome das rúas nas que se ía cortar ao tráfico así como os dias da semana e franxas horarias nas que se aplican estas medidas para que a veciñanza que emprega as rúas da cidade nos seus desprazamentos cotiáns o saiban con antelación e non convertan o casco nun caos circulatorio.
Eloi Cabanas, voceiro do BNG no concello, mostra a súa posición favorable a que se busquen alternativas que favorezan a distribución das terrazas dos locais de hostalaría nos espazos públicos da cidade pero aclara que a crise que estamos a sufrir por causa do COVID-19 non pode ser unha escusa para tolear a veciñanza cos cambios constantes na mobilidade do tráfico.
“O goberno fai o que lle peta, e que nós saibamos estas medidas tampouco foron concretadas en ningunha comisión de seguimento ou en mesas de traballo acordadas dentro das cincuenta medidas aprobadas en pleno o pasado mes de maio por todo o conxunto corporación para minimizar o impacto económico do COVID-19 no noso concello”.
-FALTA DE LIMPEZA DAS RÚAS DO CASCO-
O BNG local tamén se suma ao malestar que lle transmite a veciñanza pola a sucidade que presentan as rúas e colectores de lixo do casco, situación que se agrava segundo os nacionalistas nos días de mercado. O portavoz nacionalista pídenlle ao goberno que non se relaxe e que se afane na limpeza e no coidado do aspecto que presenta actualmente a cidade.
“A sucidade nas rúas, o desorde circulatorio, ou a falta de homoxeneización nos toldos das terrazas non dan unha imaxe de casco histórico ordenado nunha cidade que presume de ser de Los Pueblos más Bonitos de España”.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



