Lugo, a 29 de xuño de 2020. De surrealista tacha o Concelleiro Javier Castiñeira a situación e o desgoberno do Bipartito focense na que a última xogada é que unha cuadrilla municipal de tres operarios, cun todo terreo con remolque mais un tractor con segadora de brazo estiveron rozando a LU P 2011 en Marzán propiedade da Deputación.
O voceiro local considera “O Grave da situación é que tanto Deputación de Lugo coma Concello de Foz están despilfarrando o diñeiro en contratar a empresas o rozado das estradas para que ao final sexan os operarios do Concello de Foz os que o fagan.
O despropósito e a falta de coordinación dos Bipartitos Focense e Lucense chega a tal punto que se pisan o traballo mentres deixan vías locais sen rozar ou mesmo o polígono industrial de Foz que está totalmente abandonado”.
Castiñeira acusa de sumiso a Cajoto e falto de carácter para esixirlle ao Presidente da Deputación que roce as estradas provinciais canto antes, algunha delas coma esta de acceso as praias que dan unha imaxe lamentable para o turismo local.
“Cajoto está máis pendente de renderlle pleitesía ao Psoe que de xestionar os recursos dos focenses con rigor e esixímoslle polo menos que pida explicación aos gobernos na Deputación e Central coa mesmo ímpeto que o fai contra a Xunta de Galicia, que por certo e administración que máis inviste no noso Concello e que non fai falla que lle rocen as estradas”.
Castiñeira pedirá explicacións no Concello e na propia Deputación de Lugo para que aclaren o sucedido e procuren non volva a suceder porque xa non é a primeira vez que ocurre posto que fai meses volveron a facer o mesmo na rúa Concello de Xove tamén de titularidade provincial.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



