Tras sopesar as diferentes posibilidades para desenvolver o campamento “Xove Concilia Verán”, finalmente decidiuse a cancelación e pospoñelo ao verán 2021. Debido ás restricións impostas pola crise sanitaria, víase imposible organizalo garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersoal e as medidas de hixiene e prevención. Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca, afianzou a decisión tomada, pensando sempre na seguridade e saúde dxs menores participantes e dxs monitorxs.





















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



