Lourenzá, 1 de xullo de 2020. Olalla Rodil expuxo esta tarde en Lourenzá as propostas da formación nacionalista en relación co medio rural. Nun encontro co sector agrogandeiro no Pazo de Tovar, a cabeza de lista ao Parlamento por Lugo explicou que o BNG considera o medio rural un sector estratéxico no desenvolvemento económico e social do país” e debullou as iniciativas para reverter o “retroceso das economías e das condións de vida no medio rural tras once anos de goberno do Partido Popular”.
A candidata nacionalista marcou como prioridades a recuperación de superficie agraria útil ata as 100.000 hectáreas no 2030, a diversificación da produción agrogandeira e forestal e a defensa do sector produtivo agrogandeiro fronte ás grandes distribuidoras alimentarias.
Rodil sostivo “Galiza e a comarca da Mariña teñen no sector agrogandeiro un potencial por desenvolver, que pasa por aproveitar os recursos e capacidades produtivas da terra e do monte, diversificando a produción, apostando por modelos extensibles e produtos de calidade e por completar os ciclos económicos coa transformación deses produtos”.
“As políticas agrarías teñen que ir acompañadas de medidas que permitan que os produtores poidan vivir do seu traballo e teñan acceso a servizos básicos como a sanidade e a educación”. Quen vai quedar no rural se non hai médicos no centro de saúde, se tes que cambiar de comarca para ir á pediatra, se tes servizos qe permitan a conciliación, preguntouse a candidata, suscitando outra das problemáticas do medio rural, o despoboamento. “Para que a mocidade quede no rural as administracións deben garantir que dispoñen de servizos e infraestruturas”.
No acto tamén participou o número 2 da candidatura nacionalista Dani Castro que incidiu en que “o abandono do medio rural non responde á casualidade se non a unha planificación política e económica: queren empuxarnos a vivir unicamente do turismo”, concluíu o ribadense.
.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



