Ribadeo, 5 de xullo de 2020. A décimo novena edición do Mercado dos Domingos terá lugar do 5 de xullo ao 11 de outubro os domingos na contorna da praza de abastos en horario de 9 a 14 horas. Serán 14 os produtores que acudirán a esta cita coa que se potencia o consumo local. O evento, que está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira, foi presentado esta mañá.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “como cada tempada nesta época de verán volve o Mercado dos Domingos, que dará comezo o vindeiro 5 de xullo. Este é un mercado organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira”.
O edil ribadense contou que “o Mercado dos Domingos é un mercado sostible que sirve de plataforma de venda de produtos ecolóxicos e de proximidade e que terá lugar cada domingo ata o vindeiro 11 de outubro . Este mercado busca promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e da economía local”.
Vizoso Galdo dixo que “este Mercado vai celebrarse,coma sempre, os domingos na contorna da praza de Abastos de Ribadeo en horario de 9:00 a 14:00 horas e contará con 14 produtores e produtoras da zona cunha oferta de produto ben diversificada, procedente da contorna e onde destacan os alimentos de proximidade: horta ecolóxica, pan, ostras , queixo, embutidos, zumes, cervexas, coitelería”.
O concelleiro nacionalista manifestou que “nesta edición o Mercado dos Domingos, cumpre 19 anos cun produto de cercanía e de calidade, que é o verdadeiro protagonista, facilitando así a posta en valor da economía de proximidade, potenciando o consumo de tempada, vendendo saúde, sostibilidade e de forma xusta para os produtores da zona”.
Pablo Vizoso salientou que “o Concello de Ribadeo leva anos apostando por este mercado e anima a toda a veciñanza e persoas visitantes a comprar e disfrutar deste espazo, que sempre é beneficioso para a economía local , para os pequenxs produtorxs da zona e tamén para nós mesmos. Como en cada mercado de Ribadeo, o Mercado dos Domingos será un mercado seguro, que contará con tódalas medidas que se veñen aplicando para garantir a seguridade alimentaria, das persoas vendedoras e tamén dos compradores e visitantes”.
Na presentación do Mercado dos Domingos participaron o concelleiro de Desenvolvemento Local e a secretaria de A Sucadoira.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



