Lugo, 3, xullo, 2020. Unha vez máis, a Deputación presidida polo socialista José Tomé chega tarde á solución dos problemas da provincia; chega tarde no caso dos desbroces en Barreiros despois de anunciar que, este ano, a diferenza doutros, os traballos de limpeza das marxes das estradas provinciais se farían a tempo, empezando a primeiros de xuño. O deputado popular José Manuel Gómez Puente reclama do bigoberno da Deputación que adopte as medidas precisas para corrixir o problema.
A estrada LU-P-0610 da servizo, entre outras, á praia de Fontela, na parroquia de San Pedro de Benquerencia; tamén da acceso a praia das Catedrais. Gómez Puente di que esta vía, como todas as provinciais ao seu paso polo municipio de Barreiros, está sen desbrozar. Indica que esta fin de semana xa serán moitas as persoas que se desprazarán á costa lucense para disfrutar das praias. Avisa de que tal como está a citada estrada pode crear situacións de risco para o tráfico rodado e peonil. E asegura, que, en todo caso, da moi mala imaxe desta zona da provincia de Lugo.
Gómez reclama do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que estableza prioridades para os desbroces e considera que as vías que dan servizo ás praias lucenses teñen que ser obxectivo prioritario. O mesmo deputado di que o propio presidente asegurou poucas semanas atrás, en resposta a unha iniciativa do grupo popular, que a limpeza das vías comezaría a primeiros de xuño, antes que outros anos.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



