Lugo, 3 de xullo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo este venres un chamamento á prudencia dos condutores cadrando co inicio da Operación Saída das vacacións de verán. A subdelegada, xunto co xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e o tenente Daniel Moro, xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil en Monforte, presentou na estrada N-640, na saída da cidade de Lugo, a campaña de concienciación e o dispositivo de vixilancia organizado pola Dirección Xeral de Tráfico para o período estival na provincia.
Isabel Rodríguez pediu aos conductores a máxima atención e cautela nas súas viaxes por estrada, que este verán se prevén menos numerosas e máis curtas por mor da pandemia do coronavirus. A subdelegada lembrou que, de feito, na provincia de Lugo, a maioría das vítimas de accidentes de circulación rexístranse en estradas convencionais e precisamente en desprazamentos de curta ou media distancia.
Pola súa parte, o xefe de Tráfico destacou que comezamos un verán condicionado pola pandemia que afectou e está a afectar ao noso país e ao mundo, entre o desexo de alcanzar a nova normalidade e a necesidade de manter precaucións para evitar máis contaxios e en definitiva máis sufrimento.
Coa responsabilidade e a colaboración de todos, tamén temos que conseguir que as nosas rúas e estradas sexan espazos de convivencia e nunca máis de morte e dor. As ganas de vivir, de viaxar, de gozar da nosa terra e os nosos seres queridos, non poden facernos baixar a garda nin esquecer que, na estrada, non é suficiente con facelo ben só ás veces.
A crise sanitaria lembrounos como sociedade a importancia de cumprir as normas e as precaucións necesarias para que o virus non se propague, condutas similares ás que evitan os accidentes de tráfico.
Se utilizamos correctamente o cinto de seguridade e o casco, se mantemos sempre a distancia de seguridade, prestamos atención en todo momento e adecuamos a velocidade ás condicións do tráfico e á Lei, se non conducimos baixo os efectos do alcol, estamos a nos protexer a nós e coidando de todas as persoas coas que compartimos as vías públicas. Se, a pesar de todo, vémonos nunha situación de perigo, probablemente poderemos evitar o accidente ou polo menos as súas consecuencias máis graves.
É fundamental ter sempre presente que as vías públicas son de todos, e co mesmo dereito, con especial atención aos usuarios máis vulnerables, como ciclistas, motociclistas, peóns, nenos, usuarios de patinetes. Na nova normalidade, bicicletas, motos e vehículos de mobilidade persoal poden ter un papel moi importante como medios de transporte con baixo risco de contaxio para os seus usuarios, polo que cabe pensar que aumente a súa utilización, sobre todo nos meses de bo tempo.
Ao volante, as imprudencias marcan en moitas ocasións a diferenza entre a vida e a morte, como mostra a campaña de comunicación institucional protagonizada polo campión do mundo de patinaxe Javier Fernández no Palacio de Xeo de Madrid: un mal salto ou unha inadecuada velocidade de rotación pode ter consecuencias fatais para o patinador; o mesmo que para o condutor cando adopta comportamentos de risco na condución.
SOBRE OS DESPRAZAMENTOS
Esta vez é difícil facer unha previsión dos desprazamentos de longo percorrido. Con todo, hai determinadas circunstancias que coñecemos e que inflúen no desenvolvemento da mobilidade:
•A recuperación do tráfico está a ser progresiva, aínda así hai un 20% menos de desprazamentos que no mesmo período do pasado ano a nivel nacional e un 11% menos na provincia de Lugo.
•Probablemente predominen as saídas de fin de semana ou de curta distancia e duración, ás praias ou ao campo, ou ben aos núcleos urbanos. Coidado cos excesos de confianza cando fixemos moitas veces o mesmo camiño e co cansazo se volvemos tarde.
BALANCE DE ACCIDENTALIDADE NA PROVINCIA A 30 DE XUÑO.
Ata o 30 de xuño producíronse nas estradas da provincia 121 accidentes con vítimas, segundo datos provisionais, nos que perderon a vida 5 persoas. En total, tendo en conta tamén as vías urbanas, o balance é de 153 accidentes con vítimas, 6 delas mortais.
En comparación co mesmo período de 2019, apréciase un descenso dos accidentes con vítimas (121 respecto a 136 sinistros en vías interurbanas e 153 respecto a 207 en total), pero sobre todo dos feridos hospitalizados (15 en vías interurbanas en 2020 respecto a 22 en 2019, ata o 30 de xuño). A redución de feridos non hospitalizados é moito máis notable.
Con todo, o número de falecidos en vías interurbanas en 2020 soamente é inferior nunha persoa (5 en 2020 respecto a 6 vítimas mortais en 2019).
Durante o estado de alarma o descenso da accidentalidade con vítimas foi máis acusado: 46 accidentes en vías interurbanas respecto a 79 o ano anterior, e 6 feridos hospitalizados respecto a 17 no mesmo período de 2019. Así e todo, o número de vítimas mortais foi idéntico, con 3 persoas falecidas en accidente de tráfico.
No que vai de ano, hai que destacar que as distraccións, por si soas ou unidas ao cansazo ou soño, seguen detrás de gran número de accidentes graves e da terceira parte das vítimas mortais, con valores similares a 2019.
O tipo de accidente mortal máis frecuente (aproximadamente unha terceira parte en 2019 e a metade en 2020) segue sendo a saída da vía, que normalmente vai asociada a unha distracción e á velocidade excesiva ou inadecuada.
En 2019 nada menos que cinco vítimas mortais foron peóns atropelados, tendencia que só reverteremos co uso adecuado dos elementos reflectores, unha maior atención tanto ao volante como cando sexa necesario camiñar pola calzada ou atravesala e unha velocidade adecuada ás circunstancias.
Durante xullo e agosto de 2019 faleceron na provincia 3 persoas en vías interurbanas e 4 en total, en contraste coas 2 vítimas mortais no mesmo período de 2018. Entre as causas, a velocidade inadecuada e a infracción das normas de prioridade.
CALENDARIO
A pesar deste escenario de incerteza, a Dirección Xeral de Tráfico segue mantendo as operacións especiais de verán.
•Primeira Saída Operación Verán: do venres 3 de xullo ata ao domingo 5 de xullo.
•Saída Primeiro de agosto: venres 31 de xullo ata o domingo 2 de agosto.
•Operación Especial 15 de agosto: do venres 14 ao domingo 16 de agosto.
•Retorno do Verán: do venres 28 de agosto ata o luns 31 de agosto.
Como todas estas operacións coinciden con fin de semana, nas que a intensidade de vehículos é maior, recoméndase planificar as viaxes evitando os días e as horas de maior afluencia para non atopar retencións de saída das grandes cidades.
Tanto a DXT como a Agrupación de Tráfico da Garda Civil utilizarán na vixilancia e regulación do tráfico todos os medios persoais e materiais dispoñibles, entre eles drons de vixilancia e furgonetas non rotuladas.
Ademais, retómase o calendario de campañas de intensificación da vixilancia que se suspenderon polo estado de alarma. Durante estes dous meses realizarase unha campaña de velocidade (do 6 ao 12 de xullo), outra centrada nas motocicletas e unha última de alcol e drogas ao volante.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



