Ribadeo, 5 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, di que, aínda que a incidencia do rebrote por Covid-19 en Ribadeo é moito menor á doutros concellos da comarca, hai que cumprir e facer cumprir as medidas decretadas pola Xunta de Galicia para parar isto canto antes e retornar á nova normalidade.
O rexedor fixo que “logo de manter a vídeo xuntanza cos responsables políticos da Xunta desde Ribadeo non podemos ser alleos ao que pasa na Mariña porque é a nosa comarca. Sabemos polos datos oficiais que nos acaban de pasar desde a Xunta que o noso concello non ten unha incidencia alta de afectados senón todo o contrario; de feito nos últimos sete días só houbo un caso e nos últimos tres días só se volveu dar outro caso. Son cifras moi distanciadas das de outros concellos da Mariña”.
Suárez Barcia considera que “para parar todo isto temos que actuar como se estivésemos sufrindo un maior número de casos. Polo tanto temos que cumprir e facer cumprir o que a Xunta nos indique no que vai publicar no Diario Oficial de Galicia esta tarde. Pero eu especialmente quero dicir, pausado pero con toda a firmeza, que o uso obrigatorio da máscara é necesario sempre, tanto no interior dos locais como na vía pública; o mantemento da distancia física e o compromiso de cumprir as instrucións que nos dean”.
O alcalde subliñou que “estamos a principios do verán e segundo nos din na Xunta van ser durante 5 días estas medidas excepcionais polo que tanto os de aquí como os que estean aquí durante este tempo temos que comprometernos a cumprir escrupulosamente todas estas instrucións. Estou seguro de que se o facemos así para a semana que vén poderemos reanudar a nova normalidade”.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



