Madrid, 22 de xullo 2020. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, voltou a interpelar directamente a Ministra de Industria a través dunha pregunta oral se o Goberno español contempla a intervención pública de Alcoa para nacionalizar a planta de San Cibrao e garantir así a continuidade da actividade e dos postos de traballo.
Unha vez máis, a Ministra de Industria, Reyes Maroto, eludiu pronunciarse ante esta cuestión que lle lanzou o deputado nacionalista. O BNG lamenta que o Goberno non teña a vontade e a determinación política para unha intervención pública que garanta manter a produción de aluminio primario e os empregos na comarca.
Rego lembrou que o día 23 finaliza o prazo de negociación do ERE sen que neste tempo houbese avances que permitan vislumbrar unha solución pactada para a continuidade da planta de Aluminio en San Cibrao. Pola súa parte, a empresa, a pesar de recentes anuncios demagóxicos que incluso vende como inicio da solución a paralización das cubas, non se move un ápice do seu propósito de pechar a planta.
“Rexeitou a proposta de vender e a de buscar investidores ou socios enerxéticos” salientou o deputado do BNG en referencia a Alcoa. O propio Secretario Xeral de Industria, Raül Blanco, recoñeceu aos traballadores que constata que Alcoa non quere continuar “ofrézaselle o que se lle ofreza” -palabras textuais do Secretario Xeral- polo que todo indica que ten un camiño moi marcado para o seu fechamento.
Por tanto, a única alternativa para salvar a actividade industrial na comarca da Mariña é a intervención pública da planta de aluminio para garantir a continuidade da produción de aluminio primario e salvagardar os postos de traballo. Rego destacou que non hai impedimento legal e que son os gobernos español e galego os que teñen nas súas mans facelo. “Xa non serve escudarse na inacción do outro, o Ministerio ten que desenvolver o seu Plan Industrial e executalo en colaboración co Goberno da Galiza.” subliñou o deputado.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



