Lugo, 24 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, Juan Manuel Serrano Quintana, asinaron este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un convenio de colaboración entre a institución provincial e esta entidade, grazas ao que a veciñanza de 64 concellos da provincia –os que están adheridos ao Servizo de Xestión Tributaria da institución provincial- poidan pagar os seus tributos a través dun xiro postal desde calquera das preto de 24.000 oficinas que Correos ten por toda España. A institución provincial lucense é a primeira Deputación de Galicia en asinar este convenio de colaboración con Correos.
A este acto de sinatura tamén asistiron a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o director de Operacións e director de Correos Express, Avelino Castro, e o director da Zona 1 de Correos, José Ángel del Río Tembras.
José Tomé destacou que o convenio con Correos “fai máis cómodas as xestións administrativas para os veciños e veciñas da provincia de Lugo, e polo tanto facilita o seu día a día”. Nun territorio como o lucense, engadiu, “cunha poboación marcadamente rural, de idade media elevada e cunha importante dispersión xeográfica, no que ademais se están a pechar sucursais bancarias e a cobertura de internet aínda é deficiente, resulta obrigado habilitar e fomentar todo tipo de solucións, coma esta, que axuden aos veciños a realizar os seus trámites coa Administración. Creo que aquí radica boa parte da nosa responsabilidade como institucións públicas, ser útiles á cidadanía”.
José Tomé lembrou que o Servizo de Xestión Tributaria e de Recadación da Deputación ocúpase da xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos públicos en base á delegación de competencias que teñen feitas os concellos á institución provincial. A día de hoxe, están adheridas 64 entidades locais.
A todos elas, a Deputación adiantoulles os pagos mensuais previstos entre abril e setembro, o que supuxo unha inxección de liquidez de 22M€ nas arcas municipais “para que puideran afrontar con garantías a crise sanitaria da Covid-19 e sacar adiante aquelas accións que consideren necesarias para atender aos veciños e apoiar o tecido económico dos seus territorios”, subliñou o Presidente.
Agora, con este convenio con Correos, os veciños e veciñas destes 64 municipios, é dicir, todos menos tres, poderán realizar o pago de tributos en calquera oficina de Correos de toda España, o que supón “unha nova vantaxe” para os contribuíntes das entidades locais adheridas ao servicio tributario da Deputación.
“Se as deputacións contamos cunha historia de dous séculos, Correos remonta a súa a 1716. Antes de que a chegada do mundo dixital lle dera un novo sentido á palabra redes, Correos xa tendera unha gran rede de comunicación e distribución por todo o territorio do Estado español. E as deputacións non somos senón o resultado da vontade dos concellos de traballar xuntos, en rede, para poder impulsar mellor os seus proxectos e as súas reivindicacións”, explicou o Presidente, quen cre que ambas entidades teñen “máis cousas en común, pois compartimos a aposta por promover a modernización de unha institución cunha ampla historia sobre a base sólida da experiencia acumulada, tendo sempre en conta as necesidades da sociedade e desde unha firme vocación de servicio público”.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



