NOTA DE PRENSA:
Os populares insisten que o acordo plenario adoptado a proposta de Melchor Roel non vale tal e como se tomou pois a Sociedade Galega de Servizos Sociais precisa da ratificación en pleno da cesión dos terreos
O PP DA MARIÑA AGRADECE QUE O ALCALDE DE VIVEIRO SEXA SINCERO E RECOÑECEZA, POR FIN, QUE TEN BLOQUEADA A APERTURA DA NOVA RESIDENCIA
* Piden ao Alcalde que deixe de enganar á xente xa que as prazas do novo centro para persoas maiores estarán sostidas ao 100% por fondos públicos, tal e como confirmou a secretaria xeral de Familia e Benestar e a conselleira Beatriz Mato.
* Roel priva a 150 anciáns dunha praza de residencia e a 50 familias da posibilidade de que os seus maiores fagan uso dun centro de día algo “indigno dun cargo público”
A Mariña, 06 de maio de 2010 .- O Partido Popular da Mariña agradece a sinceridade do Alcalde de Viveiro, o socialista Melchor Roel, despois de que no día de onte, por fin, recoñecera que mantén bloqueada a apertura da nova residencia para persoas maiores de Covas. O rexedor socialista afirmou que solo permitirá a posta en servizo deste novo centro de benestar no caso de que a sociedade titular da residencia –SOGASERSO- asuma as condicións que impón o Concello. Ata o momento o socialista Melchor Roel estaría a privar a 150 anciáns dunha praza de residencia e a 50 familias da posibilidade de que os seus maiores fagan uso dun centro de día algo que, segundo os populares, é indigno dun cargo público e circunstancia ao respecto da que os veciños de Viveiro e da comarca tomarán boa nota.
Desde o PP insisten en que o acordo adoptado polo pleno da Corporación municipal de Viveiro o pasado 5 de febreiro non vale tal e como se tomou pois a Sociedade Galega de Servizos Sociais –SOGASERSO- precisa da ratificación en pleno da cesión dos terreos ao seu favor. Compre lembrar que desde o mes de xaneiro o Alcalde vivairense coñece a necesidade de adoptar este acordo e pese a iso é o único concello galego nestas circunstancias que se está a negar a facelo. De feito, resulta curioso como dous concellos rexidos tamén polo PSOE como son o de Ourense e Vimianzo, xa fai meses que adoptaron no seus respectivos plenos o mesmo acordo de ratificación da cesión dos terreos ao que se opón Roel, polo que o rexedor vivairense debe ser o único intelixente ou, o que resulta máis probable, o único que non se enteira de nada.
ROEL TEN QUE DEIXAR DE MENTIR,
AS PRAZAS SON SOSTIDAS AO 100% CON FONDOS PÚBLICOS
Os populares tamén quixeron salientar que o socialista Melchor Roel debe ser a única persoa que aínda non entende, ou non quere entender, que o 100% das prazas que no futuro disporá esta residencia estarán sostidas con fondos públicos, pese a ser un compromiso ratificado tanto pola secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, como pola propia Conselleira Beatriz Mato. Desde o PP comarcal emprázanlle a que deixe de enganar á xente e falar dun custe de 1.200 euros por praza, xa que será a Xunta a quen asuma con fondos públicos cada unha das 200 prazas da residencia, cando o Alcalde vivairense teña a ben permitir a súa cobertura.
Desde o PP sinalan que o engano de Roel chega a tal punto que chega a afirmar, tal e como podemos ler hoxe nos xornais comarcais, que tiña previsto manter unha xuntanza “coa secretaria de Igualdade” da Xunta, cando este cargo non ten competencia algunha sobre as residencias de persoas maiores que en todo caso corresponderían á secretaría xeral de Familia e Benestar.
SOGASERSO EMPRESA PRIVADA CON FIN SOCIAL
Finalmente desde o Partido Popular quixeron salientar que SOGASERSO está participada polas caixas de aforro galegas ao 100%, polo tanto, por entidades cun marcado carácter social, polo que non se comprende a desconfianza que sobre ela deposita o mandatario municipal vivairense. En todo caso os populares preguntan si o Alcalde ten previsto obrigar a todas as empresas privadas do seu concello a que contraten en función de criterios propios das administracións públicas, como esixe a SOGASERSO. Neste senso os populares insisten en que o prioritario e que Roel desbloquee a apertura da residencia e adopte o acordo plenaria que se lle pide sen máis dilación, con independencia das negociacións que poida realizar despois coa sociedade titular da residencia e pensando no interese social e nos beneficios que a pronta apertura da residencia traerían para Viveiro e para o conxunto da comarca.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



