Lugo, 13 de agosto de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, visitaron este xoves as obras de construción dun novo campo de fútbol e dunha área de lecer e deportiva en Mosteiro. A colaboración da Deputación con estas actuacións impulsadas polo Concello ascende a preto de 330.000€, entre dous convenios e a aportación a través do Plan Único 2019.
Tomé Roca subliñou que “a Deputación de Lugo ten o firme compromiso de colaborar con todos os concellos da provincia para sacar adiante proxectos que redundan na mellora dos sevizos públicos e, polo tanto, que melloran a calidade de vida e o benestar dos veciños e das veciñas”. Ademais, o Presidente recordou que este compromiso fíxose realidade co Concello de Pol coa posta en marcha da residencia, ofrecendo “unha atención de calidade e próxima aos maiores, ademais de crear riqueza e emprego neste concello, e tamén o facemos realidade apoiando este importante proxecto para a creación dunha gran área de lecer e deportiva en Mosteiro”.
O mandatario provincial engadiu que “Deputación e concellos traballamos xuntos para poder sacar adiante iniciativas como esta, dunha contía económica considerable, que as administracións locais non poderían asumir en solitario. Nos tempos de crise como o que nos toca vivir pola pandemia, é fundamental a cooperación e manter ferramentas como o Plan Único, que garanten unha achega de fondos ós concellos dun xeito transparente e con criterios obxectivos”.
“As obras públicas son un elemento máis á hora de loitar contra os efectos económicos derivados da Covid-19. Así que o mero feito de acometer estas obras neste momento ten xa en si un efecto positivo na economía e no emprego. E nun futuro próximo, os veciños e veciñas de Pol disporán dun novo equipamento que, ademais de ampliar a oferta de servizos públicos, vai axudar a dinamizar a vida social, deportiva e económica deste municipio. Este espazo pode xuntar ademais xeracións de mozos e maiores, incentivando así a convivencia e a creación de comunidade”, engadiu o Presidente.
Por outra banda Lino Rodríguez agradeceu a colaboración da Deputación para poder levar a cabo estas actuacións en Mosteiro e subliñou que “ o concello de Pol nunca tivo un campo de fútbol propio”. “Agora estamos nunha situación de obras que espero que en novembro aproximadamente estean finalizadas ou bastante avanzadas” engadiu o Alcalde.
Características
O proxecto impulsado polo Concello de Pol para a creación dunha nova área de lecer e deportiva en Mosteiro desenvólvese nun terreo de 38.000 m². As instalacións, que están preto do pavillón municipal, o colexio e a piscina, inclúen un campo de fútbol de herba natural e unha área de xogos. O campo de fútbol contará cunhas dimensións de 105×68 metros de terreo de xogo, máis de 1,5 metros de bandas nos laterais e 2,5 metros nos fondos. A zona de xogos constará de pistas de billarda, bolos, petanca, pádel, xogos de mesa e unha tirolina.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
