Santiago, 18 de febreiro, 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón instou á Xunta a declarar o “estado de emerxencia sanitaria” en Galiza e medidas para frear o aumento dos contaxios da COVID rexistrado nas últimas semanas.
A portavoz do BNG compareceu ante os medios de comunicación para valorar a evolución da COVID en Galiza, cuxa loita, dixo, debe ser “unha prioridade” de todos e todas a nivel individual e de maneira especial, da Xunta de Galiza con competencias para facer fronte á “crise sanitaria e económica”.
Estamos dentro dunha pandemia global na que está en xogo a vida e saúde polo que reiterou a vontade do BNG para “ colaborar en todo o que sexa necesario” e poñendo o foco naquelas cuestións que precisan dunha resposta urxente. Neste sentido, instou á Xunta e ao goberno central a asumir “as súas responsabilidades” e non “escorrer o vulto” porque é preciso aprender da experiencia destes meses. O confinamento deixounos unha lección, recalcou Pontón, o primeiro é protexer a vida e saúde das persoas e para facelo eficazmente é necesario contar con protocolos e abandonar “a improvisación”. Nesta liña lembrou que o BNG leva meses reclamándolle á Xunta “un protocolo” que a día de hoxe non existe.
Para a líder do BNG, o goberno galego non está actuando con “criterios claros e homoxéneos”. Os datos reflicten o contaxio de 1.400 persoas e 625 falecidos e cun número de contaxios por cada positivo do 1,53 fronte á media do estado situada no 1,04.
Pontón cualifica de “temerario” non tomar decisións
A situación da área sanitaria da Coruña rexistra 851 casos recoñecidos é dicir, que o 61% dos casos se concentra nesta área e a propia Xunta recoñece contaxios por transmisión comunitaria polo que preguntou por que o goberno galego non tomou ningunha medida para frear a cadea de contaxios. Dende o BNG consideramos que “alguén debe explicar” por que na comarca da Mariña “sen transmisión comunitaria” e con 106 casos foi restrinxida a mobilidade mentres na Coruña, con 851 casos e transmisión comunitaria non se fixo nada.
Feixóo, afirmou Pontón, debe poñerse á fronte da pandemia e deixar de responsabilizar aos concellos, a cidadanía e a policía. Debe deixar “de poñerse de perfil e tomar decisións”, recalcou.
O BNG propón blindar as residencias de maiores e destinar 200 M€ para reforzar a Atención Primaria
A portavoz nacionalista propuxo afrontar a COVID con garantías implementando medidas para frear o virus. Ademais asegurou que resulta evidente que non existen “suficientes rastreadores” e criticou que Feixóo continúe falseando a realidade cando fala de 6.000 persoas xa que está incluíndo a todo o persoal de Atención Primaria. Para Pontón, a Xunta actúa con “opacidade” e recrimina ao goberno que non “aclare o número de persoas contratadas para o rastreo”.
Entre as propostas destacou a necesidade de “blindar as residencias de maiores e destinar 200M€ para reforzar a Atención Primaria” ao que sumou un protocolo de volta aos centros escolares atendendo as demandas da comunidade educativa.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



