Lugo, a 28 de agosto de 2020. Hai silencios prudentes e outros que resultan atronadores. Desta última clase é o que mantén o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, fronte ao intento do Goberno presidido por Pedro Sánchez de apropiarse do aforro, dos remanentes, dos concellos e das deputacións. Tanto silencio sobre tan relevante cuestión “preocupa seriamente no PP, porque a provincia non pode prescindir do aforro da Deputación, que ten que dedicarse a resolver as moitas necesidades que hai en Lugo e máis á vista da situación que provocan os rebrotes da covid-19”. Así o indica o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, que insta a Tomé a manifestar con claridade unha posición contraria aos planes do Goberno de Pedro Sánchez e sinala: “Pedimos unha decisión inmediata e que o goberno da Deputación pense nos lucenses e na autonomía provincial; esperamos que non se pregue aos intereses do Partido Socialista e que poña por diante os de todos os lucenses”.
Castiñeira di: “É necesario que Tomé diga aos lucenses se está disposto a aceptar mansamente que o Goberno se apropie dos seus aforros, ou se, pola contra, está disposto a defender os remanentes, eses cartos que tanto necesita a provincia”. Engadiu: “Está avanzado xa o ano; é o momento de empezar a preparar o proxecto de orzamentos para 2021, tendo en conta o Plan Único e a necesidade de levar a cabo inversións importantes que están comprometidas, como son as residencias de maiores de varias localidades, e necesítanse os aforros de todos os lucenses para poder levalos a cabo”. Engade que “o remanente se viña utilizando para convenios con concellos, fin para o que este ano se dedicaron catro millóns”.
Os populares din que hai indicadores que fan temer que os socialistas de Lugo prefiran calar e deixar que o Goberno faga o que lle pareza mellor neste asunto. A este respecto, Castiñeira declarou: “O presidente Tomé, no Concello de Monforte, parece que como alcalde fixo algo diferente ao que fai na Deputación, e anticipándose a esta posible decisión fixo uso do seu remanente”. Castiñeira recoñece que no PP “inquieta a falta de posicionamento do goberno da Deputación con respecto á incautación, a ese saqueo pactado do remanente das entidades locais”.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



