Lugo, 29 de agosto de 2020. Coñecido no día de hoxe dende o Servizo de Prevención da Deputación Provincial de Lugo un caso positivo por COVID-19 dun traballador do servizo de seguridade do Pazo de San Marcos, un servizo que a institución ten adxudicado a unha empresa externa -Ilunion Seguridad-, a Deputación de Lugo informa de que adoptou as seguintes medidas:
Esta mesma mañá, en canto o Servizo de Prevención tivo coñecemento do positivo do vixilante de seguridade, este mesmo servizo estableceu contacto coa empresa adxudicataria do contrato de seguridade solicitándolle que retire do servizo de inmediato, este mesmo sábado, a todo o persoal da empresa que traballa no Pazo de San Marcos e que o substitúa por outros traballadores. A empresa informou a Prevención de que está en disposición de facelo e de que someterá a probas PCR a todos os traballadores que estiveron desenvolvendo a súa labor no Pazo de San Marcos.
A Deputación encargou á empresa pública Tragsa, medio propio da institución, a limpeza e desinfección específica establecida para a prevención de contaxio da COVID-19 da totalidade das dependencias do Pazo de San Marcos e das zonas de acceso e traballo do Museo Provincial para máxima seguridade e ante a posibilidade de contacto entre persoal de ambos centros de traballo e do das empresas de vixilancia e de limpeza, que prestan o servizo nos dous centros. Estas tarefas comezarán esta mesma tarde.
O Servizo de Prevención da Deputación comunicou ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a autoridade sanitaria coas competencias, as medidas adoptadas pola institución provincial e solicitou instrucións para proceder co persoal. Mediante esta comunicación, o SERGAS, como primeira medida, trasladou a necesidade de que se poñan en contacto con Servizo Galego de Saúde aqueles traballadores e traballadoras que estiveran en contacto coa persoa afectada por un período igual ou superior a 15 minutos e sen o uso de mascarillla. Así mesmo, o SERGAS trasladou que aplicarán os protocolos establecidos para este tipo situacións.
A adxudicataria do servizo de limpeza das dependencias e edificios da Deputación, Tragsa, está así mesmo en comunicación co SERGAS para aplicar tamén os protocolos necesarios no persoal que desempeña as súas funcións na institución provincial.
O Servizo de Prevención enviará unha comunicación a todas xefaturas de servizo da Deputación de Lugo informando desta situación e das medidas adoptadas.
A Deputación manterá o seguemento da situación a través do servizo de Prevención para minimizar o risco de contaxio.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



