Viveiro, 31 de agosto de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero presentou esta mañá en Viveiro unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo un Plan de reconstrución da Mariña, consensuado coa oposición, coas entidades locais da Comarca, así como cos axentes sociais e económicos da comarca, que conteña unha estratexia de reactivación económica.
Otero explica na súa proposta parlamentaria que esta iniciativa debe incluír ademais un Plan de industrialización para a Comarca. Xa que denuncia que “os gobernos de Núñez Feijóo non investiron nin un só euro en modernizar e impulsar medidas industriais para A Mariña, cando a propia Xunta de Galicia ten competencias plenas nesta materia como así lle outorga o Estatuto de autonomía de Galicia”.
A proposición parlamentaria socialista tamén reclama a potenciación do noso turismo: tanto interior como de costa e medidas de apoio á hostalería e restauración. Así como medidas de apoio aos sectores primarios: agricultura, gandería, pesca, forestal. E por último, axudas a autónomos e a pequenas e medianas empresas da Mariña.
Mesa de traballo urxente
A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica explica que para poñer en marcha este Plan “é necesario que se constitúa de forma urxente unha mesa de traballo formada polo Executivo galego, os grupos parlamentarios con representación no Parlamento galego, os axentes sociais e económicos e as entidades locais da comarca da Mariña para a elaboración deste plan específico de reconstrución para a Mariña lucense, que conteña unha estratexia para a súa reactivación económica”.
Escoitar as demandas da Mariña
Otero avanza que rexistrou esta batería de iniciativas tras escoitar as demandas de todos alcaldes e voceiros socialistas e moitos colectivos da Mariña Lucense. “Esta chamada de auxilio materializouse unha vez máis, a finais de xuño deste ano, nunha multitudinaria manifestación en Burela, convocada polas centrais sindicais UXT, CCOO e CIG, na que se reclamaba un futuro para a Mariña de Lugo e se pedían melloras en infraestruturas, en servizos, en sanidade, en educación, en industria, nos sectores primarios …”, relatou.
A Mariña ten que ter unha atención especial
Así as cousas sinala que “esta crise industrial e de emprego que xa se viña vivindo na Mariña desde hai tempo, e agravouse coa crise provocada pola Covid-19, e máis se temos en conta que esta comarca sufriu ao longo do mes de xullo deste ano maiores restricións sanitarias que o resto de Galicia. Hai que lembrar que a Xunta de Galicia decretou a principios dese mes o peche dos accesos ao distrito sanitario da Mariña (por certo, medida empregada pola Xunta de Galicia unicamente para esta comarca), e posteriormente limitou esa restrición só ao concello de Burela, provocando grandes perdas económicas. Nesta situación faise necesario e urxente un plan de reconstrución propio e exclusivo desta comarca. A Xunta de Galicia non pode desatender esta comarca ante a difícil situación que está a atravesar. A Mariña lucense ten que ter unha atención especial nesta lexislatura que agora comezamos”.
Presentación
Patricia Otero estivo acompañada en Viveiro da Alcaldesa, María Loureiro; o Alcalde de Ourol, José Luís Pajón; o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto; o Alcalde de Alfoz, Jorge Val; o Coordinador da Mariña e concelleiro en Burela; Ramiro Fernández; a Tenente de Alcalde de Barreiros; María Carmen Veiga; o Alcalde da Pontenova, Darío Campos, do senador, Cesar Mogo e do concelleiro viveirense, Jesús Fernández.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



