Burela, 3 de setembro de 2020. A Concellería de Servizos Sociais de Burela segue coa súa labor de sensibilización á cidadanía para a prevención do Covid-19, dentro da campaña Garda os teus contactos.
A edil Carmela López deulle onte a benvida aos usuarios da Fundación Eu Son e AFAN, aos que saudou dende a rúa e onde os técnicos levarán a cabo a campaña do Concello a nivel interno.
A concelleira burelesa, acompañada de traballadoras municipais e doutros membros do equipo de goberno, tamén estivo nas prazas e parques da vila, segundo explicou “para falar cos veciños e preguntarlles se teñen claro o que é un contacto directo e a que número teñen que chamar se presentan síntomas. Ademais tamén despexamos as súas dúbidas sobre onde deben gardar a máscara ou cantas horas de uso lle deben dar”.
Carmela López subliñou que “xa está en marcha o sorteo que levaremos a cabo dentro desta campaña nas redes sociais e tamén a pé de rúa, onde recollemos o nome, número de teléfono e talla dos participantes”.
A campaña Garda os teus contactos, posta en marcha polo Concello de Burela o pasado 26 de agosto, “pretende escoitar aos veciños, as súas dúbidas e inquedanzas con respecto á crise sanitaria, para poder mellorar entre todos e afrontar esta situación con unión e conciencia colectiva. Incide no bo uso das instalacións municipais, espazos públicos, revisión de medidas correctas nas actividades promovidas polo Concello, charlas educativas e encontros telemáticos”, segundo lembrou a concelleira de Servizos Sociais.
Onte tamén saíron á rúa xogadores e xogadoras do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, que compartiron a experiencia a través das súas redes sociais.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



