Viveiro, a 4 de setembro de 2020. Ben puntual, ás 18.05h daba comezo no auditorio do Museo do Pobo Galego o Acto de Presentación do proxecto RELEVO2020 e facíao da man dunha mesa de mulleres:
Fátima Abal, alcaldesa de Cambados e membro da xunta directiva do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador do proxecto,
Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e
Rosa Carballo, xerente do Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa.
Se nalgo coincidiron as intervencións foi en destacar a importancia da formación con mozos e mozas e en sensibilizar de cara ao entorno que nos rodea e en concreto en canto ao sector pesqueiro que, tan descoñecido resulta á veces aínda para algunhas persoas.
O cambio de mesa deu paso á parte máis técnica da iniciativa na que, a xerente do GALP de Arousa estivo acompañada de María Calvo a asistencia técnica do RELEVO2020. Despois de abordar asuntos como o programa formativo e a súa duración, as actuacións, prazas ou requisitos de acceso, o peche e despedida veu da man de José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores que fixo un chamamento ás entidades do sector para colaborar na iniciativa e poñer todos o noso gran de area para “fixar o rumbo” e acadar o tan desexado relevo xeracional.
Marcado pola recén entrada en vigor de medidas máis restrictivas na capital galega por mor da COVID-19, o evento caracterizouse por un exquisito cumprimento por parte dos asistentes das medidas de prevención e hixiene establecidas.
Os xardíns do Museo do Pobo Galego foron o escenario no que os 43 asistentes ao acto puideron degustar unha ampla variedade de produtos do mar, característicos dos territorios dos cinco GALP promotores.
Sobre o inicio das actuacións
Séguense a recibir inscricións e o formulario seguirá aberto sen data de peche para facilitar que todas as persoas interesadas poidan acceder. As persoas inscritas terán contacto xa coa organización na vindeira semana para ultimar detalles e información de cara ao comezo.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



