Viveiro, 5 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro clausurou con éxito o campamento municipal de verán, que se desenvolveu no pavillón do CEP Lois Tobío. Celebrouse de luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas, intentando deste xeito facilitar a conciliación familiar e laboral.
Os 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos participantes tiveron un programa de lecer no que puideron desfrutar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, que intentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e manualidades tanto ó aire libre como no interior das instalacións, atendendo á especial situación derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
Neste senso, valorouse a necesidade de ofrecer un recurso para todas as familias de Viveiro, pensando especialmente nos fogares con dificultades de conciliación e en situación de especial vulnerabilidade. O último día de campamento, o concelleiro de Educación e Xuventude, Emilio Villarmea, acudiu a despedir aos participantes e fixo entrega dos diplomas acreditativos.
Por outro lado, ante o inicio dun novo curso escolar, quérese lembrar que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Viveiro segue prestando os servizos de asesoramento na tramitación das bolsas de estudos non universitarios e universitarios para o curso 2020/2021, así como en todo ao referido á xestión académica para iniciar ou continuar estudos de FP e Universidade.
Tamén informamos que as persoas estudantes de FP e Bacharelato de Artes que se desprazan dende Viveiro a Xove, San Cibrao, Burela e Foz poden inscribirse na OMIX para facer uso do servizo de transporte organizado polo Concello para estudantes. É necesario presentar foto tamaño carné e copia da matrícula. Poden contactar no mail informacion.xuvenil@viveiro.es, ou chamando ao Concello 982560128. Ext 1135.
No referente ao transporte para os estudantes de FP, universitarios e ensinanzas artísticas ás cidades de Lugo, A Coruña e Santiago, nos vindeiros días poderá solicitarse o bonobús coa reducción do 50% subvencionado xestionado polo Concello.
Neste sentido, o concello informa ás persoas estudantes que teñan viaxes sen desfrutar do curso pasado que poden entregar as tarxetas na OMIX, sen previa cita, para aumentar a caducidade das mesmas ata o 31 de decembro de 2020.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



