Lugo, 11 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama a creación da unidade de ICTUS no HULA. “Concretamente a través dunha proposición demandamos que se dote ao HULA, nun prazo de 6 meses, dun servizo de garda de neurocirurxía de 24 horas, así como adoptar as medidas para desenvolver por completo o programa Código Ictus no conxunto do territorio galego”, explicou.
A Deputada Autonómica expón que “nos últimos anos de goberno do Partido Popular, tanto Galicia como a provincia de Lugo, sufriron as consecuencias das nefastas políticas sanitarias desenvoltas pola Xunta de Galicia. E comprobamos o desprezo aos servizos públicos con claros exemplos extremos de precarización, con persoal sanitario que chega a asinar máis de 200 microcontratos ao ano”.
Otero aludiu tamén a situación abandono e de desigualdade promovida polo PP, e que tivo como consecuencia “zonas de cobertura insuficiente ou nas que se deixan de prestar determinados servizos, especialmente no rural. Estas políticas sectarias afectaron tamén aos grandes hospitais, nos que durante esta década converteuse nunha noticia habitual as denuncias de colapso nos servizos de urxencias, debido á mala planificación do sistema, como tamén acontece no HULA”.
A secretaria provincial advirte ademais que “no principal centro hospitalario de Lugo, os gobernos do PP ao fronte da Xunta, puxeron de relevo unha situación case que permanente de infradotación de servizos, que non deixaron de ser reclamados polos/as profesionais ou por veciños/as e as entidades agrupadas na Plataforma en Defensa da Sanidade Pública”, lembrou.
Así as cousas relata que “estas unidades teñen importancia como centro de recepción de pacientes derivados desde as urxencias extra-hospitalarias ou doutros hospitais. Xa que os estudos médicos que se coñecen, amosaron que as unidades de ictus melloran as cifras de mortalidade, o proceso de recuperación e ao mesmo tempo diminúen a dependencia das persoas doentes. É ademais é unha medida custo-efectiva, xa que diminúe o tempo de estancia media destas persoas”.
Coas cifras enriba da mesa remarca que “na provincia de Lugo sofren anualmente de ictus unhas 800 persoas, dos máis de 100.000 casos que se rexistran en España. O ictus é a primeira causa de morte nas mulleres, e primeira causa de incapacidade en adultos, e estímase que aínda que a súa mortalidade se vai reducindo, a súa incidencia aumentará nun 27 % no próximo cuarto de século. A pesar destas cifras, e das reclamacións repetidas ao longo dos anos, temos chegado ata hoxe sen resposta e sen ningún compromiso por parte dos gobernos do PP”.
A Deputada di que “tanto as provincias de Lugo como Ourense carecen deste servizo nos seus principais centros hospitalarios. No caso de Lugo, compre lembrar que o HULA non dispón sequera dun neurocirurxán de garda as 24 horas. Coa ironía engadida de que este centro está incluído, como todos os do Sergas, no programa Código Ictus, que busca unha atención temperá e especializada neste tipo de doenza”.
Presentación diante do HULA
Otero fixo esta presentación hoxe venres, diante das portas do HULA, acompañada dunha representación da Federación de Veciños de Lugo que encabezou o seu presidente, Jesús Vázquez, e cos que se comprometera publicamente en rexistrar esta proposta. Ao este encontro tamén asistiron o Deputado no Congreso, Javier Cerqueiro, a Deputada Provincial, Mayra García o Concelleiro de Medio Rural e Deportes de Lugo, Miguel Fernández, así como a responsable de sanidade da Executiva Provincial, Carmen Gómez.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.