Madrid, 11 de setembro de 2020. Os deputados e deputadas galegas do Partido Popular e do Partido Socialista votaron este xoves en contra da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego para dar solución á crise industrial de Galiza, concretamente, no primeiro punto no que se aposta, no caso de fracasar a negociación para a venda da empresa, pola intervención pública para a nacionalización da planta de aluminio de forma que se garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo.
O BNG advirte que de non se lograr un acordo para a venda de Alcoa, a falta dunha alternativa como a intervención pública, provocará o peche da factoría o que supoñerá unha catástrofe económica e social para toda a comarca. “Non entendemos como o Goberno español non aposta pola nacionalización da factoría, que xa no seu día foi pública e que nunca debeu ser privatizada, asegurando así, os postos de traballo e o futuro económico do principal motor económico na Mariña” destacou o deputado Néstor Rego.
Durante a súa intervención, Rego volveu lembrar que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa”, e que por tanto, esta solución só precisa da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira.
O BNG conseguiu que o pleno do Congreso aprobase a proposta para garantir que a transición ecolóxica fágase con xustiza social prevendo investimentos e establecendo plans de substitución económica para a comarca da Pontes e o concello de Cerceda. Trátase de sentar as bases para concertar unha Transición Xusta que realmente supoñan a reactivación económica e a creación de postos de traballo que permitan recuperar o dinamismo destes dous concellos, posibilitando un futuro para os seus habitantes que non os aboque ao paro ou á emigración.
Rego destacou que “é imprescindible a posta en marcha de Plans de Transición Xusta para as centrais térmicas en Galiza”, así como a urxente articulación de compensacións e proxectos que palíen as consecuencias negativas no ámbito económico e social.




















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



