Viveiro, a 18 de setembro de 2020. A Administración pública ten a obriga de velar pola conservación do patrimonio histórico-cultural e xestionalo da maneira que resulte máis útil para os administrados. Desde este convencemento, os concelleiros do PP de Viveiro defenderán na próxima sesión plenaria unha moción para que o goberno local faga as xestións precisas coa orde relixiosa titular do mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores para conseguir a cesión deste edificio ao concello.
Os concelleiros populares destacan que “o mosteiro de Nuestra Señora de Valdeflores é un conxunto que representa un gran valor histórico patrimonial e arquitectónico para Viveiro”. Recordan que este conxunto “está protexido como Monumento Nacional”.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez sinala: “A súa fundación remóntase ao século XV e o edificio do mosteiro é de finais do XVII. Parece que consta que a súa realización foi feita con doazóns do pobo de Viveiro”. Engade: “Lamentablemente, en xuño de 2018 foi abandonado pola Orden Dominica (actual propietaria) e todo apunta a que dita Orde non se propón reiniciar a súa actividade en dito Mosteiro”. Ademais, “despois das riadas de novembro en Xunqueira vese especialmente danada a planta baixa, onde estaban os obradoiros e a residencia, con máis de 20 habitacións; as plantas 1 e 2 están en bo estado”.
Os edís populares destacan que “ tras a última rehabilitación conta cun tellado en moi boas condicións”. Sinalan que dende dita riada só a directiva da Confraría vela pola súa integridade, sabedores do perigo que esta situación supón para un recinto repleto de bens culturais, documentais, mobiliarios e artísticos.
No PP avisan de que “un inmoble deshabitado e sen función algunha acaba por deteriorarse completamente”; din que o Concello non pode deixar que un edificio así se encamiñe á ruína. Destacan os moitos servizos que este edificio podería prestar ao concello.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



