Lugo, 18 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero dixo hoxe “que se acabaron as escusas para Alcoa. Esta empresa ten enriba da mesa unha oferta viable de venda, hai unha proposta industrial de Liberty moi seria que garante os postos de traballo e un futuro para a produción de aluminio na planta de San Cibrao. O único que se está interpoñendo é a cerrazón da multinacional para facer posible a venda”.
Así o dixo trala celebración da Mesa Multilateral sobre Alcoa. E insistiu na súa argumentación “o Goberno de España presentou unha proposta de venda para desbloquear o estancamento que se produciu na negociación e que é aceptada por todas as partes (comité de Empresa e administracións), salvo de maneira absolutamente inxustificada por Alcoa”, denunciou.
Por iso cualifica a actitude de Alcoa como “empresarialmente inxustificable e moralmente intolerable que unha multinacional que, recibiu centos de millóns de euros nos últimos anos, se negue agora a vender por razóns inconfesables poñendo en risco centos de empregos, e o futuro de moitas familias e da Mariña enteira”. E remarca que “a administración central e autonómica e os sindicatos están traballando unidos para facer posible a venda”.
A dirixente socialista dixo que nestes intres “hai comprador, existen as condicións axeitadas para esta operación e hai tempo para levar a cabo esta venda. Non hai nada real que poida impedila. Polo tanto Alcoa ten que vender, esa é a nosa esixencia. Os traballadores e as súas familias contan con todo o respaldo de todos os socialistas”, resumiu.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



