RIBADEO (FNC) .- O pleno aprobou por unanimidade as alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral e as bases das axudas dos ARIs de Ribadeo e de Rinlo. Quedou sobre a mesa a adxudicación das obras de mellora da travesía. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que non se trate dunha actuación dilatoria de PSOE e PP que poida poñer en risco o inicio desas obras neste 2010.
O rexedor destacou “a normalidade coa que se levou adiante o pleno no que a maioría dos puntos sairon adiante. Quedou, iso si, enriba da mesa a adxudicación das obras de mellora da travesía de Ribadeo. PSOE e PP propuxeron pospoñer este asunto para miralo con máis detalle e para que os técnicos que o valoraron lles dean máis explicacións, no goberno municipal pareceunos correcto e entón quedou sobre a mesa ata que nos vindeiros días teñamos unha nova xuntanza cos técnicos para revisar e atender todas as cuestións que os grupos da oposición suxiren”. Fernando Suárez explicou que “o único que lles dixen, sen ter por que dubidar do informe dos técnicos, é que non me gustaría que esta fora unha actuación dilatoria no sentido de que isto non se adxudique para que este ano non se poida facer a obra. Sería moi grave porque hai unha serie de cuestións moi urxentes como facer unha nova rotonda no Xardín, como cambiar todo o pavimento da travesía, hai unha serie de obras que teñen que estar xustificadas a finais deste 2010 e é necesario ir adxudicando a obra, pero non temos ningún problema en que se mire, se remire e se revise todo o que se teña que revisar. O que lles pedín ao PSOE e ao PP é que non houbera escuras intencións de dilatar este proceso de maneira significativa, algo que podería dar ao traste coa adxudicación para que se puidese investir a anualidade máis importante que é a de 2010”.
Alegacións ao POL
Na sesión de onte aprobáronse por unanimidade as alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral da Xunta. Suárez Barcia suliñou “a unanimidade da Corporación tras os encontros mantidos semanas atrás con responsables da Xunta, con técnicos da empresa redactora do PXOM. Fixemos unha serie de suxestións en conxunto no sentido de que o POL respecte o que a Corporación aprobe no seu PXOM. Entendo que a Xunta non debería facer oídos xordos diante desta cuestións”. O alcalde engadiu que “por fin se aprobaron tamén as bases das axudas para unha nova fase do ARI de Ribadeo e para a primeira do de Rinlo e agora haberá máis xente que con menos presuposto poida optar a subvencións e máis xente que poderá ter subvencións de maior cuantía para acometer as rehabilitacións integrais dos seus inmobles”.
Hospital Asilo
O equipo de goberno abstívose na aprobación definitiva da modificación do regulamento de réxime interno do Hospital Asilo de Ribadeo. Fernando Suárez lembrou que “xa se aprobara hai un par de meses unha proposta do PP de darlle as mesmas oportunidades aos ribadenses que viñeran tanto de fora do Estado como de fora do ámbito municipal, sen ter en conta a esixencia mínima dun número de anos de estancia entre nós para evitar causar un certo agravio con respecto aos potenciais usuarios ribadenses que levan aquí toda a vida cotizando, pagando os seus impostos e a fin de contas o Hospital Asilo é de tutela municipal”. O alcalde explicou que “nós decidimos absternos xa que a nosa proposta foi rexeitada cos votos do PP e do PSOE e polo tanto nós por cortesía adoptamos esta decisión, ademais o propoñente desta cuestión fora o falecido José Duarte ao que lle tiñamos unha estima especial, compartíamos o fondo, pero non a forma. Agardo que non se produzan circunstancias desagradables de que alguén que veña de fora sen ter ningún tipo de criterio, poida ocupar algunha das escasísimas prazas que saen de vez en cando neste Hospital Asilo, por diante de xente que tamén tivese preferencia por ser de aquí, por vivir aquí, por tributar aquí, por cotizar aquí e que ao final eso non sexa mérito ningún para que poidan ter acceso prioritario”.
Mocións
Na sesión de onte todos os grupos políticos decidiron apoiar unha moción “para que FEVE e Ministerio cumpran os acordos para a construción desa terminal de carga e descarga de mercancías aquí en Ribadeo. Apoiamos outra relativa a que Estado e Xunta deben cubrir os baleiros na implantación da TDT nos aspectos que queden aínda pendentes. E houbo outra moción singular que tamén contou co noso apoio para que os recibos das compañías eléctricas se racionalicen un pouco. Sabemos que se están a producir queixas moi razoables por parte de moitos usuarios porque un mes lles cobran moi pouco ao seguinte moitísimo e hai moita xente que está moitos meses sen recibir a factura da luz e despois aparecen cantidades astronómicas”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



